Aula das nubes

6º de Infantil (5 anos)

No patio pasámolo pipa!

Como estamos en outono as follas caen das árbores e temos o patio cheo delas. Nós aproveitamos para xogar con elas, clasificámolas segundo a súa cor, a súa forma, tirámolas ao aire,... e ata facemos formas xeométricas con elas.

 

 

Pero un día cando saímos ao patio vimos a nosa zona toda limpiña de follas. Estaban soprándolles cun aparatiño e levándoas cara unha esquina. Alí recollíanas e metíanas nun saco enorme! Estivemos un cachiño observando como facían.

 

Como quedou todo tan limpiño aproveitamos para pintar con tizas de cores no chan, e ese día si que o pasamos en grande!

 

E se queredes mover o esqueleto coas mesmas cancións que o facemos na clase, aquí vos deixamos unha delas.

1,2,3,... Acción!

 

Ola familias! 

Benvidas ao blogue de 4º de educación infantil, o cal poño en funcionamento co fin de achegar un chisco a vida dos nenos e nenas na escola aos fogares.

Espero que o gocedes tanto como o facemos nós na aula!

Goretti

Blogue de 5º de infantil (Aula das nubes)

    

Distribuir contido