Durante a semana do 10 ao 14 de maio alumnado de 2º, 3º e 4º participou na elaboración dun Vocabulario relacionado co Camiño de Santiago e o Xacobeo, unha homenaxe ás Nosas Letras e ao Ano Santo Compostelano.
Buscamos no dicionario e en internet o significado das palabras, copiamos as definicións no formulario e ilustramos e coloreamos.
Mirade que ben nos quedou.
O alumnado de 5º e 6º tamén traballou sobre este tema empregando o ordenador persoal para buscar a información e posteriormente elaborar unha presentación en LibreOffice Impress. Ademais unha alumna de 5ºB, Estefanía, colabora cos máis pequenos elaborando a portada.
Bo Camiño!