O Día Mundial da Poesía celébrase o 21 de marzo dende que a UNESCO proclamou esta data en 1999. Os obxectivos son fomentar o retorno á tradición oral e aos recitais, así como promover o ensino da poesía e a diversidade lingüística a través da expresión poética.
Este curso decidimos escribir, ilustrar e recitar entre todos un poema encadeado.
Comeza a cadea o 1 de marzo en 3 anos e vai avanzando ordenadamente ata chegar a 6ºB o venres día 19.
Ao coincidir en domingo trasladase ao luns a lectura de todo o poema, polo alumnado de 5º, e a presentación do vídeo, elaborado co texto e a audición aportados por todos os grupos.
Este foi o resultado
Parabéns a todos polo excelente trabalo realizado