Hoxe presentámosvos O Noso Libro das Froitas e Hortalizas, un fermoso traballo de investigación, no que participou todo o alumnado do centro e que amosa o bo facer do noso alumnado e a implicación de todo o profesorado.
Cada aula ocupouse de investigar sobre unha froita e hortaliza e cubrir a correspondente ficha informativa. A este traballo colectivo temos que engadir a investigación individual do alumnado de 5ºB, o que nos permitiu realizar un libro, con un total de 38 fichas informativas, colocadas por orde alfabético e organizadas en dous bloques, 1º as froitas e 2º as hortalizas.
(fai clic na imaxe para lelo)
Ademais, ao final do libro, unha homenaxe a nosa lingua materna a través de ditos e xiros idiomáticos sobre froitas e hortalizas.
Sentímonos moi orgullosas de presentar este libro.
Moitas grazas pola vosa implicación.
O equipo de biblioteca
Adxunto | Tamaño |
---|---|
00 BIBLIOFORTE - LIBRO DAS FROITAS E HORTALIZAS .pdf | 7.72 MB |