BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA (Texto: Asesoría de Bibliotecas Escolares)
Xa coñecemos o lema escollido pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para as bibliotecas do PLAMBE durante o curso 2019/2020:
BIBLIOTECA ESCOLAR, VIVEIRO DE CIDADANÍA
Ilustrador Óscar Villán |
«Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas.
A biblioteca escolar pode chegar a ser ese "viveiro de cidadanía" no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.»
Texto completo: Asesoría Bibliotecas Escolares