Skip to Content

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 

 

 Ver coa imaxinación ou volver ver por medio da memoria é o patrimonio da escritura. Ernaux, Annie. El Acontecimiento. 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.

 A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:

  • Escribir para saber, para aprender.
  • Escribir para comunicar e comunicarnos.
  • Escribir relatos, historias.
  • Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
  • Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
  • Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
  • Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
  • Escribir para incluír e visibilizar.
  • Traducir.
  • Reescribir, versionar e adaptar.
  • Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
  • Escribir para  estimular a creación.

 

 

Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

 

TEXTO: Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.

 



blog | by Dr. Radut