O alumnado de 6º visitou esta semana o que hai décadas era unha das fábricas de calzado máis importantes da Ribeira Sacra é hoxe convertida nun museo gratuíto no que Ramón Pérez, zapateiro de vocación, mostra con orgullo as máquinas orixinais dun negocio que pechou hai anos pero que grazas aos seus coidados seguen funcionando perfectamente, un valioso patrimonio que merece ser visto e, sobre todo, explicado.
Vaia o noso agradecemento a Don Ramón pola conservación e transmisión as novas xeracións deste patrimonio material e inmaterial.