Ao regreso do entroido o Biblioformigueiro viaxeiro comezou a súa andaina polas aulas que solicitaron a súa acollida e así coñecer dun xeito lúdico e presencial a vida das formigas: alimentación, organización e capacidade construtora, entre outras cousas.
O alumnado de 2ºA e a súa titora Ana Jato encargaronse da organización das visitas as aulas e dunha presentación do mesmo.
Aquí tedes unhas imaxes da súa andaina educativa polas diferentes aulas: