Con Carla Muñoz rematamos os obradoiros formativos e dinamizadores organizados desde o Programa de Lectura e Familias.
Obradoiro organizado en dúas partes diferenciadas:
-na primeira dirixida as familias, ponse de manifesto a importancia da lectura na familia, apórtanse dinámicas e recursos de lectura: escoller axeitadamente as lecturas segundo a idade, técnicas para contar, presentación e contacto físico cunha ampla variedade de libros de diferente temática, xénero literario, etc.
-na segunda parte, familias e nenos comparten con Carla un conto.
Como en todos os obradoiros, rematamos cunha merenda saudable
Clausuramos estes obradoiros formativos e dinamizadores de Lectura e Familias 2022 agasallando a cada familia cunha marioneta de dedo
e coa incorporación de novos fondos para familias.
Que a lectura en familia non deixe de medrar.
Bo Nadal!