ABECEDARIO DE PAZ
O alumnado de 1º de Reli, realiza un abecedario con palabras que fomentan a paz.
Primeiramente puxemos en común que palabras consideramos que fomentan a paz.
Unha vez elixidas buscamos e coloreamos os pictogramas e, nalgúns casos, coa colaboración da profe Sonia e Bea, aprendemos como se di esa palabra en lingua de signos
Coas pombas portadoras de palabras de paz elaboramos un mini libro que pasará a formar parte das nosas creacións, un fondo moi interesante que día a día se vai ampliando.
Estupendo traballo!