Skip to Content

30 de Xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN

 

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura de Galicia é o Día da Ilustración, que se estableceu en 2014 cada 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario de Alfonso R. Castelao. 

  

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI).

 Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Reimundo Patiño, un dos pais do cómic en galego.

 

O alumnado de 2º de primaria ven de conmemorar o aniversario de Castelao coñecendo e ilustrando algúns dos seus debuxos baixo o lema "A palabra ilustrada de Castelao" combinando  nunha mesma actividade o Día da Ilustración e A Palabra,  tema prioritario de BE de este ano.

 

Para cada un dos debuxos seleccionados e ilustrados debían comentar o que lles suxerían e propor unha Palabra  identificativa.

Este foi o resultado:

 

 

 

 

 

Precioso traballo!

Que grandes artístas!

 



page | by Dr. Radut