Skip to Content

Blog de biblioteca

ABELLAS ROBÓTICAS (ESCORNABOT)

 

Hoxe o alumndo de 4 anos durante o recreo aproveitou para practicar a linguaxe de programación levando ao escornabot-abella de flor en flor,  quen recolle o pole das flores e tráeo á colmea.

 

 

Pasámolo xenial e conseguimos recolectar o pole de todas as flores.

Parabéns!!!!!

 

4ºA: Lecturas no Patio

O alumnado de 4ºA aproveitou o bo tempo para saír ao patio a ler.

Fermosa actividade a de ler nun entorno privilixiado.

 

Merece a pena. Animádevos!

CONTOS NA RADIO

 

O día 12 de maio iniciamos unha nova sección en Radio Forte CONTOS NA RADIO, sección na que poderán participar as familias ("contos familiares") e os nenos ("os contos dos nenos") que queiran contar contos.

Todos estes contos poderedelos escoitar na nosa canle de Ivoox o mesmo día da súa realización.

Estamos moi ledos coa boa acollida que tivo nas familias esta proposta de dinamización impulsada pola biblioteca e moi apoiada  pola Sra Directora e o profesorado.

Moitas Grazas!

A continuación tedes todos os contos contadados polas familias durante o mes de maio:

 

  • CONTOS EN FAMILIA - CONTOS FAMILIARES

 

Lucía, nai de Adrián (3ºA); Roger, o rato, e o misterio das manchas

Lourdes, nai de Amaia (2ºB) e Africa (5ºA); Onde estás caracol?

Jacobo, pai de Gabril (3 anos); Lucía no baño

Consuelo, nai de Lucas (3ºA); A vaca que puxo un ovo!

 Teresa, nai de Paula (6ºA) e Cristina, nai de Alfredo (3ºA) e Pepe (5ºA); El caballo y el asno

 

 Miriam, nai de Xiana (3ºA); A que sabe a lúa?

 Laura e Cano, nai e avó de Clarisa (3ºA), El niño que pudo hacerlo!

 

 

 Verónica, nai de Ana Sofía (3ºA); Las conejitas que no sabían respetar

 Sonia , nai de Claudia (3ºA); La canción del sol

 Elisabeth, nai de Manuel (3 anos); A canción do sol

 

 Rosa, nai de Martín (3ºB); El ratón que quería cazar nubes

 Katerine, nai de Victoria (6ºB); Una playa sorpresa

 

 Sonia, tía de Julia (4ºA); O coelliño branco

 

 Candela, nai de Antón (3ºA); La primera aventura del Ratoncito Pérez

                                                

ENTREVISTANDO A: AIDA MENÉNDEZ LORENZO

 

Aida Menéndez Lorenzo, presidenta da asociación Camiños de Inverno pola Ribeira Sacra e autora da “Guía del Camino de Invierno a Santiago", visitou este xoves o noso centro.

 

Foi recibida e entrevistada, no recen estreado locutorio de Radio Forte, por un grupo de alumnos de 6ºB: Lucía, Yago, Samantha e Diego.

Unha conversa moi agradable e didáctica que vos aconsellamos escoitar.

 

GRAZAS AIDA!

Grazas por acudir a nosa radio, por compartir con nos os teus coñecementos, pola túa labor dinamizadora do camiño de inverno e do noso patrimonio... e grazas polos teus agasallos 

 

FOMOS NOTICIA: Directos ao Campionato de España, con Jon Maikel

 

Jon Maikel (4ºA), xogador do CV Korbis de Voleibol, viaxará a Valladolid a mediados de xuño para participar no Campionato de España

MOITA SORTE!!

RADIO FORTE: PROGRAMAS EMITIDOS (ABRIL E MAIO)

Radio Forte a radio do CEIP Plurilingüe de Monforte

A nosa ilusión era poñer a funcionar o novo locutorio da radio no primeiro trimestre pero os problemas da pandemia obrigaron a retrasar as sesións de formación a mediados de abril e non foi posible.

 

Aínda que a nosa radio seguiu gravando e emitindo como en anos anteriores (gravando co móbil e publicando en Biblioforte dixital) a verdade é que tiñamos moitas ganas de poñer en marcha o noso locutorio.

 

A espera fixo que aumentaran as ganas de facer radio, tanto que desde o día 16 de abril ate hoxe emitíronse case 30 programas radiofónicos. Programas que se publican en Ivoox no mesmo día en que se gravan.

 

Hoxe, na Semana das Letras Galegas, na que nos visita a escritora, Aida Menéndez Lorenzo e xa temos  SINTONÍA inauguramos oficialmente o novo locutorio e a nosa andaina de radio escolar dentro do programa "Radio na Biblio".

 

Sen máis demora aquí tedes a relación cronolóxica dos programas emitidos desde o novo locutorio de Radio Forte. 

 

EMISIÓNS:

 

1ª/ Uxía, Lucía e Silvia (6ºA); Sarai Gascón Moreno, unha deportista paralímpica.

2ª/ Juan, Enzo, Elianny, Carlos e Alicia (4ºB); A Materia e a Enerxía.

3ª/ Diego,Cris, Sofia, Soniae Mateo (4ºB); As Maquinas

4ª/ Alicia, Dani, Cristian, Noemí e Jeray (4ºB); Outras épocas históricas

5ª Erik, Carolina, Jordan e Isabel (4 anos); O que nos gusta

6ª/ Lois, Samuel, Uxía e Alba (4 anos); O que nos gusta

7ª/ Anouar E., David, Naila e Lucía (4 anos); O que nos gusta

8ª/ Daniel Jul, Yowani e Maikel (6ºA); Ricardo Ten, deportista paralímpico.

 

9ª/ Estela, Manar e Mame (4 anos); O que nos gusta

 

10ª/ Adrián, Nazaret, Mame e Patricia (4 anos); O que nos gusta 

 

11ª/  4ºA; Concurso Adiviñas (1ª Semana).

 

12ª/ Martín e Estefanía (5ºB); Entrevista a Emily (inglés)

 

13ª/  Uxía, Alba e Yowani (6ºA); Os Elefantes (inglés)

 

14ª/ 4ºA; Concurso de adiviñas  (2ª Semana)

 

15ª/  CONTOS NA RADIO: Candela, nai de Antón (3ºA); La primera aventura del Ratoncito Pérez

 

16ª/ 4ºA; Concurso de adiviñas (3ª semana)

 

17ª/ CONTOS NA RADIO: Sonía, tía de Julia (4ºA); O coelliño branco

 

18ª/ CONTOS NA RADIO: Katherine, nai de Victoria (6ºB); Una playa sorpresa

 

19ª/  Yago, Leire, Lucía, Nerea e Naiara (6ºB); O Rocódromo 

 

20ª/ CONTOS NA RADIO: Rosa, nai de Martín (3ºB); El radón que quería cazar nubes 

 

21ª/  CONTOS NA RADIO: Elisabeth, nai de Manuel (3 anos); A canción do sol

 

22ª/ CONTOS NA RADIO: Sonia, nai de Claudia (3ºA); La canción del sol 

 

23ª/ CONTOS NA RADIO: Verónica, nai de Ana Sofía (3ºA); Las conejitas que no sabían respetar

 

24ª/ CONTOS NA RADIO: Laura e Cano, nai e avó de Clarisa (3ºA), El niño que pudo hacerlo

 

25ª/ CONTOS NA RADIO: Míriam, nai de Xiana (3ºA); A que sabe a lúa?  

 26ª/CONTOS NA RADIO: Teresa, nai de Paula (6ºA) e Cristina, nai de Alfredo(3ºA) e Pepe (5ºA); Fábula el asno y el caballo de Jean de la Fontaine

 

27ª/  CONTOS NA RADIO: Consuelo, nai de Lucas (3ºA); A vaca que puxo un ovo!

 

28ª/ Lucía, Yago, Samantha e Diego (6ºB);  ENTREVISTANDO A: Aida Menéndez, autora da Guía del Camino de Invierno a Santiago.  

CONTINUARÁ!

 

29ª/ CONTOS NA RADIO: Jacobo, pai de Gabriel (3 anos); Lucía no baño

 

30ª/ 4ºA; Concuros Adiviñas (4ª semana)

 

 31ª/ Lourdes, nai de Amaia (2ºB) e África (5ºA); Onde estás caracol?

 

 

 32/ Lucía, nai de Adrián (3ºA); Roger, o rato, e o misterio das manchas.

 33/ Entrevista a Lucía, experta apicultora

RADIO FORTE, O NOSO LOCUTORIO

 

Como xa sabedes este curso o noso centro foi un dos 30 centros públicos seleccionados para incorporarse ao proxecto “Radio na biblio” o que nos permitiu recibir formación específica e poñer en marcha un laboratorio/emisora de radio profesional.

 

Un laboratorio ao que alumnado e familias acoden con agrado.

O noso agradecemento a Bibliotecas Escolares por este valioso agasallo de incluirnos no proma de Radio na Biblio.

 

 Un soño feito  realidade !

Grazas!

VOCABULARIO XACOBEO

 

Durante a semana do 10 ao 14 de maio alumnado de 2º, 3º e participou na elaboración dun Vocabulario relacionado co Camiño de Santiago e o Xacobeounha homenaxe ás Nosas Letras e ao Ano Santo Compostelano. 

Buscamos no dicionario e en internet o significado das palabras, copiamos as definicións no formulario e ilustramos e coloreamos.

Mirade que ben nos quedou.

 

 

O alumnado de 5º e 6º tamén traballou sobre este tema empregando o ordenador persoal para buscar a información e posteriormente elaborar unha presentación en LibreOffice Impress. Ademais unha alumna de 5ºB, Estefanía, colabora cos máis pequenos elaborando a portada.

Bo Camiño!

Día Escolar das Matemáticas

No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, institúese a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, coincidindo coa data de nacemento de Pedro Puig Adam.

No cole tiñamos pensado saír a rúa para celebralo pero a choiva non nos deixou así que algúns grupos fixemos algunhas cousiñas na aula.

En 3 anos cantaron o conto “Polo Camiño”

En 1º B vimos o vídeo "Las figuras geométricas planas para niños"  e coloreamos algunhas figuras xeométricas sonrintes.

 

E en 3ºA e 4ºA na hora de relixión, co tangram, fixemos algúns dos animais da Arca de Noé, unha candea e un pensador.

 

 

 

Irmáns Lectores

Aproveitando o bo tempo este venres irmáns maiores saíron ao patio a ler contos aos irmans pequenos.

Nesta ocasión temos a tres irmáns de 4ºA (Sofía, Aymen e Aya)  que len aos seus irmáns pequenos (Alba, Anouar, Youness e Salma)

Experiencia lectora que retomaremos cando deixe de chover.

Distribuir contido


by Dr. Radut