Skip to Content

Blog de biblioteca

Día da Muller: Obradoiro de Ilustración pola igualdade con Estefanía Padullés

 

O alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro de Ilustración pola igualdade impartido pola ilustradora e escritora Estefanía Padullés

  • Imaxes durante o proceso

 

  • Unha pequena mostra do excelente resultado 

 

 

  • Conversando con Estefanía 

escoita a entrevista en:

LEO ETIQUETAS

 

Caderno de comprensión lectora centrado na lectura de etiquetas alimentarias.

 

Para abrir fai clic na imaxe

 

INFANTIL: FROITAS E HORTALIZAS COS 5 SENTIDOS

  

O alumnado de infantil tamén traballou activamente na elaboración de “O Noso Libro das Froitas e Hortalizas”.

 

O igual que o resto do alumnado do centro, cada grupo, investigou sobre unha froita e unha hortaliza.

  

Pero ademais de investigar para cubrir a ficha informativa correspondente a súa froita e hortaliza realizaron un proxecto de investigación cos cinco sentidos:

 

  • Vista: cores, formas, tamaños...
  • Olfacto: olor, aroma...
  • Oído: o son dos alimentos.
  • Gusto: o sabor dos alimentos
  • Tacto: a textura(rugosa, suave, áspera...)

 

 

 

A todo isto hai que engadir a experimentación a través de diferentes actividades manuais: modelado con plastilina, selo con patacas e pementos, etc.

 

Mirade canto traballaron e aprenderon:

3 anos:

  

 

 

 

4 anos:

 

 

 

5 anos:

  

 

Moi Ben! 

O NOSO LIBRO DAS FROITAS E HORTALIZAS

Hoxe presentámosvos O Noso Libro das Froitas e Hortalizas, un fermoso traballo de investigación, no que participou todo o alumnado do centro e que amosa o bo facer do noso alumnado e a implicación de todo o profesorado.

Cada aula ocupouse de investigar sobre unha froita e hortaliza e cubrir a correspondente ficha informativa. A este traballo colectivo temos que engadir a investigación individual do alumnado de 5ºB, o que nos permitiu realizar un libro, con un total de 38 fichas informativas, colocadas por orde alfabético e organizadas en dous bloques, 1º as froitas e 2º as hortalizas.

(fai clic na imaxe para lelo) 

Ademais, ao final do libro, unha homenaxe a nosa lingua materna a través de ditos e xiros idiomáticos sobre froitas e hortalizas.

Sentímonos moi orgullosas de presentar este libro.

 

Moitas grazas pola vosa implicación.

O equipo de biblioteca

ABECEDARIO DE: Mulleres Científicas Galegas

 

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia elaborouse un abecedario de mulleres científicas galegas para traballar na aula.

 

 

(NOTA: podes moverte polo documento empregando o índice e /o facendo clic na imaxe das nosas científicas)

A través desta mini biografía o alumnado podía coñecer algunhas das máis importantes mulleres científicas galegas.

O alumnado de 4º traballou sobre esta minibiografía e este foi o resultado (fai clic na imaxe)

 

por último unha mención especial as dúas científicas que esta semana, visitaron virtualmente o  noso centro.

O noso agradecemento e felicitación polo seu traballo.

 

 

DÍA MUNDIAL DA RADIO (13-FEB-2021): GARGALLADAS SAUDABLES

 

No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión." 

 

En RadioForte, pendentes de recibir a formación necesaria para poñer en marcha o noso locutorio de radio, grazas a ser unha das bibliotecas seleccionadas este curso para incorporarnos a ese grupo de bibliotecas pioneiras na radio escolar, non podíamos deixar de celebrar un día tan significativo para a radio e para nos, polo que, sen grandes medios pero con moita ilusión, dende RadioForte gravamos estas gargalladas,  agardamos que vos gusten.

                      

 

 

 

Felicidade e Saúde para todos!

 

 

ENCONTRO CON ESPERANZA ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

 

Un ano máis, como ven sendo habitual, conmemoramos o Día da Muller e da Nena na Ciencia coa finalidade de espertar vocacións científicas entre as máis pequenas, por en valor o traballo das mulleres de ciencia e fomentar a igualdade de xénero e o  empoderamento das mulleres e as nenas.

 Razón pola que propiciamos o coñecemento de mulleres científicas para que sexan imaxe e referencia para nenos e nenas, pero sobre todo, para as nenas.

 

Hoxe, tivemos a sorte de ter con nos, na nosa biblioteca, a unha importante científica que naceu moi preto de Monforte, nunha aldea de Chantada, Esperanza Álvarez Rodríguez, unha científica que traballa e investiga para facer que o noso mundo sexa un lugar mellor para vivir.

 Unha científica que respondeu as múltiples preguntas do alumnado de 4ºA, interesado en saber cando e por que decidiu ser científica, onde estudou, onde traballa, en que consiste o seu traballo, con que descubrimento está máis contenta, a quen beneficia o seu traballo, etc.

 

Tras esta entrevista descubrimos que é unha científica a que lle apaixona o seu traballo, que é a xefa dun equipo interesado en loitar contra a destrución dos solos, o rápido que se destrúe o solo e o lenta que é a súa recuperación, a importancia da economía circular, a importancia de transformar problemas (residuos, refugallo...) en alternativas viables para a conservación do planeta, o significado da palabra edafoloxía, etc.

 

Vaia o noso agradecemento a esta importante científica solidaria e comprometida na loita, desde a ciencia, por un mundo mellor. GRAZAS!

En breve subiremos o abecedario realizado sobre mulleres científicas. Abecedario no que figura Esperanza Álvarez Rodríguez na letra E .

 

 

OBRADOIRO CIENTÍFICO

 

Na véspera do Día das mulleres na ciencia, a biblioteca acolleu un obradoiro de anatomía organizado polas titoras de 4º primaria.

  

  

Un obradoiro con maquetas, carteis explicativos, libros informativos e incluso órganos reais (fígado , riles, corazón, pulmón, etc ) de diferentes animais  

 

 

Parello  ao obradoiro de Anatomía, o Obradoiro de froitas e hortalizas, organizado pola biblioteca,  no que o alumnado podía ver diferentes froitas (fresas, arándonos, mazás, peras, laranxas, limóns, kiwis, plátanos …) e hortalizas (allos, cabaciña, lentellas, brócoli, grelos, repolo, alcachofa, etc) e as sementes dalgunhas delas a tamaño natural e a través do microscopio.

  

 

 

E xa para rematar a visita proxectouse na pantalla a observación dos distintos órganos animais e vexetais expostos vistos a través do microscopio. 

 

Ademais do alumnado de 4º participou na actividade un grupo de 6º. 

Unha actividade que, apesares das limitacións actuais, resultou moi gratificante polo interese amosado e o exemplar comportamento do alumnado.

 

 

30 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN NO CEIP MONFORTE

En Biblioforte quixemos poñer en valor as dotes ilustradoras do noso alumnado, polo que organizamos unha actividade desde a biblioteca e en colaboración, especialmente, co equipo de profesorado que imparte plástica plurilingüe.

Dentro do tema do noso proxecto, “Froitas e Hortalizas”  , esta semana aproveitamos para fomentar a competencia artística e cultural por niveis:

  • Infantil, 1º e 2º : debuxaron e colorearon froitas para a árbore da paz.

 

  • 1º e 2º: recitaron e colorearon poemas de cores horto-froiteiros.

 

  • 1º e 2º : coñeceron e ilustraron réplicas de cadros de Arcimboldo. Pintor que tamén traballa o alumnado de AL, que para as súas creacións recicla folletos publicitarios dos supermercados da zona.  

 

  • 3º e 4º : coñeceron e colorearon replicas de cadros de Paul Cezánne e outros autores franceses.

 

  • 5º e 6º: visitaron virtualmente os bodegóns do Museo do Prado, visita que lles servirá de inspiración para crear os seus propios bodegóns

 

Que grandes artistas, parabéns!!!!  

-  

30 de xaneiro: DÍA DA ILUSTRACIÓN

Unha das datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celebra todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao.

Este día, ademais de reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, serve para homenaxear un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é a coruñesa Lolita Díaz Baliño (1905-1963), unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou aos convencionalismos da época.

Para saber un pouco mais sobre Lolita Díaz Baliño aquí tedes un vídeo producido por AGPI en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura.

 

Bibliotecas Escolares nesta data quere poñer en valor o traballo de ilustradores e ilustradoras que puxeron imaxe aos temas anuais desde o ano 2008 tal como se pode ver facendo clic no logo.

Distribuir contido


by Dr. Radut