No ano 2013 a ONU aprobou a declaración da UNESCO do Día Mundial da Radio. Proponse a data do 13 de febreiro por ser a da creación da Radio Nacións Unidas no ano 1946. "Os obxectivos da xornada son concienciar ao público e aos medios de comunicación acerca da importancia da radio; alentar aos encargados de tomar decisións a crear e ofrecer acceso á información a través da radio; así como mellorar as redes e a cooperación internacional entre os organismos de radiodifusión."
En RadioForte, pendentes de recibir a formación necesaria para poñer en marcha o noso locutorio de radio, grazas a ser unha das bibliotecas seleccionadas este curso para incorporarnos a ese grupo de bibliotecas pioneiras na radio escolar, non podíamos deixar de celebrar un día tan significativo para a radio e para nos, polo que, sen grandes medios pero con moita ilusión, dende RadioForte gravamos estas gargalladas, agardamos que vos gusten.
Felicidade e Saúde para todos!