Skip to Content

Día Escolar das Matemáticas

No ano 2000, declarado pola UNESCO Ano Mundial das Matemáticas, institúese a celebración do día 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas, coincidindo coa data de nacemento de Pedro Puig Adam.

No cole tiñamos pensado saír a rúa para celebralo pero a choiva non nos deixou así que algúns grupos fixemos algunhas cousiñas na aula.

En 3 anos cantaron o conto “Polo Camiño”

En 1º B vimos o vídeo "Las figuras geométricas planas para niños"  e coloreamos algunhas figuras xeométricas sonrintes.

 

E en 3ºA e 4ºA na hora de relixión, co tangram, fixemos algúns dos animais da Arca de Noé, unha candea e un pensador.

 

 

 



blog | by Dr. Radut