O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data elixida pola UNESCO para recoñecer o valor da arte poética como símbolo da creatividade humana, e honrar a todas as persoas que loitan cada día por crear un mundo mellor utilizando só as palabras como ferramenta.
Para conmemorar esta festividade tres ex-profesores do centro (Mari Carmen, Antonieta e Luís), con poético corazón, aceptaron a nosa invitación de participar nun obradoiro de poesía, dirixido ao alumnado de primaria, coordinado polo poeta e profesor do centro, Luis Ahijado Gómez.
Aquí tedes unha pequena reportaxe deste importante obradoiro.
Dende o equipo de biblioteca e a nivel de centro, valoramos moi positivamente este obradoiro e a colaboración altruísta destes tres ex-proferores, a vez que destacamos a implicación ilusionante do profe-poeta Luis.
Agardamos, froito deste obradoiro, poder espertar o espírito poético do alumnado.