Skip to Content

Día do Libro 2022

Como cada 23 de abril, para render homenaxe á literatura e fomentar a lectura entre a poboación, celébrase o Día do Libro .

Un ano máis a nosa biblioteca sumase a esta homenaxe. Nesta ocasión intentando achegar e por en valor A PALABRA a través dos libros e amosando como as persoas poden acceder a esa PALABRA: linguaxe escrita, oral e  Sistemas Aumentativos e Alternativos de Comunicación (SAAC).

Aproveitando os libros existentes na biblioteca e a boa disposición, profesionalidade e excelente formación de tres profesoras especialistas do centro (Lety, Sandra e Sonia) a última quincena de abril o alumnado coñecerá a existencia destes libros e terá contacto, a través da poesía, con poemas en Braille, Pictogramas e LSE.

A través da poesía e dos libros, pretendemos sensibilizar e dar a coñecer a existencia de nenos e nenas, como eles, que para gozar da lectura precisan a axuda de diferentes sistemas de comunicación aumentativos e/ou alternativos (SAAC).

Sensibilización que se estende tamén ao coñecemento das necesidades das persoas que precisan estes sistemas de comunicación, como detectar esa necesidade, como brindarlles a nosa axuda...

 

En definitiva, uns obradoiros, baixo o lema “Información, formación, pracer e solidariedade“  para promocionar e fomentar a formación, a  lectura e a inclusión e así saber brindar acompañamento cando sexa necesario e na xusta medida.

Parabéns a estas tres compañeiras polo seu traballo, moi ben valorado polo alumnado e profesorado asistente.

E como non, o noso AGRADECEMENTO pola sua altruista implicación.

GRAZAS!



blog | by Dr. Radut