Este curso, por mor do COVID, non foi posible realizar o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas, como viña sendo tradición nos derradeiros anos... por iso, todo o alumnado e profesorado, decidiu realizar unha serie de actividades interpretativas para que a nosa comunidade educativa non se quedara sen actuacións de Nadal... esperemos que sexan do voso agrado.
Nas seguintes ligazóns podedes visionar os traballos realizados polo alumnado do cole.
Actuacións:
O 4 de febreiro presenciamos mo auditorio municipal o espectáculo de monicreques de tamaño medio titulado "Safari" e que en forma de fábula nos falou dun tema nada fantasioso, o acoso escolar e que foi posto en escena pola compañía Baldufa.
Os dous protagonistas, Piñote e Calabacín, investigadores profesionais entran na sabana para resolver a misteriosa desaparición do león. No seu traballo de investigación cuestionan a xirafa, o mono, o elefante e o cocodrilo e atopan o león triste e asustado. Os investigadores tratan de descubrir as razóns deste pesar e desta fuga e teñen a firme vontade de resolver o caso.
Con esta posta en escena, Baldufa, convídanos a reflexionar sobre o acoso escolar.
A través da educación e do traballo, pódense potenciar actitudes e comportamentos positivos que permitan unha convivencia doce e tranquila.
O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:
Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":
O alumnado de Ed. Infantil viaxou ata o auditorio para presenciar un teatro de marionetas titulado Guyi-Guyi, adaptación libre do conto de “O parruliño feo”.
Gury Gury é un crocodilo que por casualidade naceu nunha familia de patos. Vive feliz con eles ata que un día atopas un crocodilo. Cando se dá conta de que os crocodilos comen patos, o noso protagonista pasará por diferentes dificultades para converterse en si mesmo ... Este traballo é unha adaptación gratuíta da historia "The Ugly Patan", que traballa a procura da identidade, tan necesaria na sociedade.
O 20 de decembro realizamos o Festival de Nadal no salón de actos do IES As Lagoas que desinteresadamente nos facilitou o seu equipo directivo, desde aquí queremos agradecer a súa colaboración e a do persoal laboral do IES.
A asistenca ao Festival foi todo un éxito grazas á participación da maioría familias da nosa comunidade educativa.
Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o fixeron.
O alumnado de 3º e 5º de Ed. Primaria participou, o 15 de maio, nos XXIII Encontros de teatro escolar de Bande que organiza o Concello coa colaboración do CEIP de Xaquín Lorenso e o IES Querquernis.
Este ano, representamos a obra titulada "Ondiñas que van e veñen" que nos mesmos elaboramos dentro do proxecto documental integrado que estamos a desenvolver, en 3º de Ed. Primaria, sobre a contaminación da nosa contorna .
Esta obra de teatro, sérvenos para reflexionar sobre a contaminación que os humanos estamos causando nas nosas praias e mares.
Parabéns para todo o alumnado participante pola súa actuación!!
GALERÍA DE IMAXES
O día 3 de abril o alumnado de Ed. Infantil asistiu á unha representación de monicreques no Auditorio de Ourense titulada "Antón comodón".
Nesta ocasión contáronnos a historia de Antón, a quen de neno na súa casa facíanlle todo, non facía falta que aprendese nada se el non quería. Cando creceu tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facelo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastante diñeiro e foise a vivir ás illas verdes?.
Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atarse os zapatos, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu empezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto, buscando as illas verdes.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir e botar unha man a Nicolás co seu carro de xeados, como dous bos amigos.
Pasámolo xenial!!
Na semana previa ao Día mundial da meteoroloxía, teatro e poesía o alumnado do Ciclo de animación do CIFP Portovelo realizou catro contacontos no noso centro, relacionados, todos eles, co tema dos PDI que se entán a desenvolver en Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de ED. Primaria.
O alumnado do CIFP Portovelo fíxoo xenial, e nós pasámolo moi ben.
Temos que repetir!!!
O 26 de maio os máis cativos do cole asistiron á representación de "Pinocchio", unha obra de teatro íntegramente en inglés, que tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense.
Ao longo do mes de maio o alumnado, xunto coa mestre de inglés, prepararon o vocabulario e as cancións da obra para poder gorzar máis da actividade.
Geppeto, un humilde carpinteiro que sempre desexara ter un fillo, talla unha marioneta de madeira con la forma dun neno. Unha noite a Fada Azul da vida á marioneta á que Geppeto chamará Pinocchio. Na vida de Pinocchio aparecerá Stromboli, un pícaro rufián e a boca enorme dunha balea.
Os nenos e nenas disfrutaron desta historia chea de travesuras, humor e moita tenrura.
Por medio desta obra traballamos valores como a sinceridade e a responsabilidade.
Pasámolo xenial!!
O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.
A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.
Pasámolo xenial!!