O 4 de maio realizamos un obradoiro de nutrición na aula de psicomotricidade en colaboración coa área sanitaria de Ourense do Servizo Galego de Saúde destinado ao alumnado de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria.
Dun xeito lúdico, aprendemos a recoñecer os diferentes tipos de nutrientes que necesitamos na nosa dieta diaria para posteriormente ser quen de elaborar un prato saudable que contivese todos eses nutrientes.
Para rematar, realizamos un xogo no patio do cole que nos axudou a repasar o nome dos diferentes alimentos saudables que debemos incluír na nosa dieta.