O xoves 26 de setembro realizamos no noso centro dous dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.
A nutricionista do Centro de Saúde de Valle Inclán, técnica do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo. Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.
No segundo dos obradoiro participou o alumado de 4º de EP.
Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.
O xoves 26 de setembro realizamos no noso centro dous dos obradoiros destinados a inculcar no alumnado hábitos saudables de alimentación na liña recomendada polos obxectivos de desenvolvemento sostibles da axenda 2030.
A nutricionista do Centro de Saúde de Valle Inclán, técnica do Sergas de Ourense dirixiu estas actividades coa finalidade de incidir nos estilos de vida dos nenos e nenas, xa que estes xogan un papel fundamental na saúde das persoas. Por iso, para facer cambios cara uns hábitos máis saudables é preciso convertelo nun acto consciente, xa que o coñecemento, as emocións e as habilidades xogan un papel decisivo. Os estilos de vida, e neles a conduta alimentaria saudable e o exercicio, teñen enormes beneficios no benestar e na prevención da enfermidade, coa vantaxe de ser factores modificables, por elo é clave integralos na aprendizaxe dos nenos e nenas.
No primeiro obradoiro participou o alumado de 1º de EP.
Neles os nenos e nenas aprenderon de forma lúdica e participando activa a elaborar un menú saudable.
O Día do Punto: Creatividade sen límites!
Este ano celebramos O Día do Punto dun xeito moi especial e creativo! O alumnado de cuarto de EP puxo as súas mentes a traballar para deseñar e decorar o seu propio punto. A idea era sinxela pero emocionante: cada neno e nena converteu un simple punto nunha pequena obra de arte, dando renda solta á súa imaxinación como fixera Vashti, protagonista do libro "O punto" de Peter H. Reynolds.
Desde puntos con cores vibrantes ata deseños sorprendentes, cada un reflectiu a personalidade e estilo dos seus creadores. Pero iso non foi todo! Ao final, con todos os puntos decorados, fixemos unha montaxe planetaria onde os puntos se transformaron en planetas, creando un fermoso universo cheo de creatividade e cor.
Con esta actividade o noso alumnado non só potenciou as súas habilidades artísticas, senón tamén a capacidade de ver máis aló do simple, demostrando que con creatividade podemos conquistar o universo!
Ver presentación a toda páxina
Galería de imaxes
Unha experiencia "Pisada a pisada"
Estes días, os nenos e nenas de Educación Infantil do noso cole convertéronse en auténticos mestres e mestras da vendima! A actividade, pensada para achegar aos pequenos e pequenas ao mundo do viño e as tradicións galegas, foi todo un éxito... e chea de risas!
O venres comezou cunha degustación de uvas, na que os nenos e nenas descubriron cales eran as máis doces e as que facían as cariñas máis divertidas. Unha vez rematada a cata, chegou o momento estelar: a elaboración do viño. Os nosos pequenos e pequenas vendimadoras puxeron os pés en acción e, culeiro en pé, comezaron a pisar as uvas con moito entusiasmo (e tamén algunhas cóxegas!). Entre saltos e chapoteos, as uvas foron transformándose no zume que, con algo de paciencia, pronto se converterá no viño favorito do deus Baco.
Agora só nos queda esperar para ver o resultado final... quen sabe, igual estamos diante do viño máis "infantilmente" delicioso da historia!
Que emocionante evento! A recollida do 1º premio autonómico do Exército de Terra na base militar General Morillo de Pontevedra polo traballo centrado na BRILAT con título "Mis pies junto a los tuyos" foi un momento inesquecible. A entrega do premio ao alumnado de 6º de Educación Primaria seguramente encheu de alegría e orgullo a todos os presentes.
O vídeo conmemorativo foi un fermoso recordo da xornada, mentres que o desfile da banda militar fíxonos vibrar a todos coa súa música. A exposición de vehículos militares e a oportunidade de observar á mascota da BRILAT, un Aguia Harris, engadiu un toque especial e fascinante ao evento.
É marabilloso ver como a emoción e o entusiasmo fixéronse presentes en cada acción, e o agradecemento polo recoñecemento recibido foi no ambiente. Terminar o día compartindo unha comida na vila da Cañiza soa como a maneira perfecta de celebrar xuntos leste gran logro. Sen dúbida, un día para lembrar!
A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro está a celebrar con gran alegría e satisfacción ser recoñecida como un Centro Referente de Unicef no nivel 2 obtendo 84 puntos dos 100 posibles. Este prestixioso recoñecemento é o resultado do arduo traballo e compromiso de toda a comunidade escolar en promover os dereitos dos nenos e nenas, así como fomentar a solidariedade e a inclusión.
A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro planea celebrar este logro con diversas actividades e proxectos enfocados en seguir promovendo os valores de Unicef e contribuír ao benestar de todos os nenos e nenas. Sen dúbida, este recoñecemento é un motivo de orgullo para todos os que forman parte desta institución educativa
A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro está chea de alegría e orgullo ao recibir o distintivo "Selo de Vida Saudable 2024". Este recoñecemento é o resultado do compromiso e esforzo de toda a comunidade escolar por promover hábitos de vida saudables e fomentar o benestar dos seus estudantes.
O CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro destaca polo seu enfoque integral na promoción da saúde, implementando iniciativas innovadoras e creativas que impactaron positivamente na calidade de vida dos seus alumnos. Desde a promoción dunha alimentación equilibrada ata a promoción da actividade física e o benestar emocional, o centro educativo ha demostrado o seu compromiso coa saúde e o benestar dos seus estudantes.
A entrega do "Selo de Vida Saudable 2024" foi recibida con entusiasmo e gratitude por parte de toda a comunidade educativa, que ve neste recoñecemento un reflexo do traballo conxunto e a dedicación de todos os que forman parte do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Sen dúbida, este logro é motivo de celebración e un estímulo para seguir promovendo un estilo de vida saudable na contorna escolar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
BOE-A-2024-14059.pdf | 243.55 KB |
O noso cole volveu gañar o Primeiro Premio Nacional no Concurso Escolar do Exército de Terra 2024!
Comprácenos compartir unha nova de gran orgullo e ledicia para toda a nosa comunidade educativa. O traballo realizado polo alumnado de quinto de educación primaria do noso colexio, titulado "Mis pies juto a los tuyos", foi galardoado co primeiro premio a nivel nacional no concurso escolar do Exército de Terra de 2024, tras resultar tamén gañador da fase rexional.
Este destacado logro é un reflexo do esforzo, creatividade e dedicación dos nosos e nosas estudantes e do equipo docente, que traballaron con gran entusiasmo neste proxecto. O premio consiste en tres ordenadores portátiles, unha placa e un diploma, que serán recollidos por unha representación do centro nunha cerimonia en Madrid, en datas próximas ao 12 de outubro.
Queremos estender as nosas máis sinceras felicitacións a todas as persoas que participaron no proxecto. Este recoñecemento non só celebra o talento e a dedicación dos noso alumnado, senón que tamén resalta o compromiso do noso colexio coa excelencia educativa e a promoción de valores fundamentais.
Parabéns a todos e todas por este magnífico logro!
Obradoiro sobre hixiene dental para o alumnado de Educación Infantil
O 13 de xuño o alumnado de educación infantil do noso colexio tivo a oportunidade de asistir a un interesante e educativo obradoiro sobre hixiene dental. Esta actividade, dirixida por Asun, a nosa hixienista dental preferida, centrouse en ensinar aos máis pequenos e pequenas as causas das caries e como previlas de maneira efectiva.
Durante a charla, os nenos e nenas aprenderon a importancia de manter unha boa hixiene bucal e os hábitos necesarios para conservar un sorriso saudable. Asun explicou de maneira clara e didáctica que provoca as caries e que alimentos deben evitarse para protexer os dentes. Ademais, destacou a importancia de cepillarse os dentes correctamente.
Un dos momentos máis divertidos e educativos da actividade foi cando os nenos e nenas tiveron a oportunidade de practicar o cepillado de dentes con dentaduras especiais traídas por Asun. Ensaiaron varias veces, asegurándose de que cada neno e nena entendese a técnica adecuada para un cepillado efectivo. Este exercicio práctico permitiulles reforzar o aprendido e gañar confianza nas súas habilidades de hixiene dental.
Estamos moi contentos de ter contado coa presenza de Asun, cuxa dedicación e agarimo cara ao noso alumnado sempre deixan unha pegada positiva. Actividades como esta son fundamentais para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos e alumnas, axudándolles a adquirir hábitos saudables desde unha idade temperá.
Agradecemos a Asun polo seu tempo e esforzo, e esperamos seguir colaborando en futuras actividades educativas que enriquezan a formación do noso alumnado.
Grazas polo teu compromiso coa nosa comunidade educativa, Asun!