Skip to Content

Milla diaria

Obradoiro de hixiene dental

 

Obradoiro sobre hixiene dental para o alumnado de Educación Infantil

O 13 de xuño o alumnado de educación infantil do noso colexio tivo a oportunidade de asistir a un interesante e educativo obradoiro sobre hixiene dental. Esta actividade, dirixida por Asun, a nosa hixienista dental preferida, centrouse en ensinar aos máis pequenos e pequenas as causas das caries e como previlas de maneira efectiva.

Durante a charla, os nenos e nenas aprenderon a importancia de manter unha boa hixiene bucal e os hábitos necesarios para conservar un sorriso saudable. Asun explicou de maneira clara e didáctica que provoca as caries e que alimentos deben evitarse para protexer os dentes. Ademais, destacou a importancia de cepillarse os dentes correctamente.

Un dos momentos máis divertidos e educativos da actividade foi cando os nenos e nenas tiveron a oportunidade de practicar o cepillado de dentes con dentaduras especiais traídas por Asun. Ensaiaron varias veces, asegurándose de que cada neno e nena entendese a técnica adecuada para un cepillado efectivo. Este exercicio práctico permitiulles reforzar o aprendido e gañar confianza nas súas habilidades de hixiene dental.

As árbores do Sueiro

 

Estamos moi contentos de ter contado coa presenza de Asun, cuxa dedicación e agarimo cara ao noso alumnado sempre deixan unha pegada positiva. Actividades como esta son fundamentais para o desenvolvemento integral dos nosos alumnos e alumnas, axudándolles a adquirir hábitos saudables desde unha idade temperá.

Agradecemos a Asun polo seu tempo e esforzo, e esperamos seguir colaborando en futuras actividades educativas que enriquezan a formación do noso alumnado.

Grazas polo teu compromiso coa nosa comunidade educativa, Asun!

Milla diaria

Este curso, dentro do proxecto de vida activa e deportiva que organiza a Cnsellería de Educación, articiparemos nas seguintes modalidades: Xogos Galegos Deportivos en idade escolar (XOGADE) e na modalidade a Milla diaria.

Todos os días, de 10:30 en adiante recorreremos unha milla diaria arredor do colexio co fin de acadar os seguintes obxectivos:

  • Realizar unha milla diaria (andando/trotando) dentro do horario lectivo.
  • Incrementar a actividade física diaria dentro do horario lectivo.
  • Medir o impacto na saúde do alumnado a través do seguimento duns parámetros mínimos saudables (peso, perímetro de cintura-cadeira, talla <IMC>).
  • Traballar de forma transversal os contidos da actividade física diaria e hábitos saudables (alimentación, hixiene, condutas nocivas -alcol, tabaco, sedentarismo asociado a pantallas-).

Nas primeiras sesións e posta en práctica desta modalidade, toda a comunidade educativa que participa na mesma, valora moi positivamente os resultados obtidos e o desenvolvemento da mesma.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut