try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

biblioteca

PROXECTO DE CENTRO 2024-2025

 
 
 

Cineastas das redes

Ola familias!

O alumnado de quinto, dentro do Proxecto de Polos Creativos quixo deixar unha mostra cinematográfica do que pensan dos datos persoais e do seu uso nas redes. Paga a pena escoital@s e deixal@s crear!

AGASALLOS NA REDE

 

FAGO AMIZADES NA REDE

MEMES

 

AS PROTECTORAS DE INTERNET

 

O NOSO PASO POLO COLE-DOCUMENTAL 6º

Ola, familias!

Por fin chegou o momento de ver o resultado final do traballo realizado ao longo do curso, polo alumnado de 6º.

Iniciamos cunha festa de fin de rodaxe no que compartimos unhas pizzas e moitas risas. O broche de fin de festa foi o visionado en primicia do documental.

Onte, na graduación compartimos o documental con toda a comunidade educativa. Moi orgullos@s dos nosos cineastas!

Pinchade na imaxe para ver esta produción cinematográfica.

PRÓXIMA APERTURA DO NOSO SUPERMERCADO!

Ola, familias!

Tal e como prometimos contámosvos a última hora sobre o noso supermercado: Carrefurdáns!

O alumnado de 4º de Primaria aproveitou os Polos Creativos para facer o folleto do súper coas mellores ofertas. Estade atentos e atentas a estes prezos. Son immellorables!

CONTINUARÁ...

FALADOIRO NO CORREDOR

Ola, familias

As profes comezaron a poñer en práctica o aprendido na formación de Plotter. Decidiron acondicionar unha parte do corredor do primeiro piso do cole e convertelo nun Faladoiro. Cada vez na educación ten que estar moi presente, tal e como se recolle na lexislación vixente, a EDUCACIÓN EMOCIONAL.

A educación emocional consiste en que os nenos e nenas aprendan a expresar o senten. O que senten cando están tristes,  frustrados, asustados,cando se enfadan, cando se emocionan.

Parece fácil eh? O difícil é resolver conflictos, controlar esas emocións e poñerlle palabras ao que sentimos. 

Este recuncho é para iso. Poden usalo o alumnado entre eles ou cos profes. Ata o momento é un lugar no que apetece estar. Só queda usalo e disfrutalo.

Ah! E non esquezades que na nosa Tepoteca temos un montón de títulos que nos axudarán a crecer emocionalmente.

CONTINUARÁ...

SAÚDE E BOA ALIMENTACIÓN

Menudos expertos e expertas en vida saudable temos en 6º curso, fixeron un traballo arduo de investigación para informar a toda a comunidade educativa de cómo levar unha vida o máis saudable posible, botádelle un ollo aos traballiños que son moi interesantes.

Clicade nas imaxes para poder ver a información.

Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de primaria!!!

 

 

ELECCIÓNS 2023

Ola, familias.

Explicar aos nen@s o mundo que lles rodea é un modo fantástico de que aprendan e comprendan a súa realidade.

O proxecto do supermercado, no que traballan 2º e 4º, comezou cunhas eleccións como as que teñen lugar hoxe en Galicia nos nosos concellos.

Tiñan que votar o nome do supermercado de forma democrática.

O cartel electoral e a papeleta:

O día das votacións o alumnado de 2º e 4º acudiu ás urnas masivamente.

A sorte estaba botada (nunca mellor ditoRisa)

O reconto das papeletas contou cun presidente de mesa e cunha secretaria, tal e como recolle o regulamento electoral.

Xa temos resultados, o nome gañador foi: CARREFURDÁNS.

E tamén fixeron o nome co logo.

Seguiremos informando do avance do noso supermercado no que traballaremos activamente as matemáticas, as ciencias naturais e sociais, o vocabulario en lingua galega... dun xeito SÚPER-motivador.

CONTINUARÁ... 

MONTAMOS O NOSO PROPIO PORTÁTIL

Ola, familias.

É necesario desenvolver o pensamento computacional. Para iso, puxemos as gafas da imaxinación adiantamos o reloxo 20 anos e convertemos ao noso alumnado en enxeñeir@s informáticos que tiñan que deseñar un portátil nunha empresa.

Coñecemos o que ten por dentro un ordenador no papel e na realidade.

(www.helloruby.com)

Mostran orgullos@s os seus deseños

Continuará...

TIC, TAC, TIC, TAC...XA QUEDA MENOS!

O alumnado de 6º xa está con derradeiros retallos da súa creación cinematográfica. Esteredes comigo en que estamos desexando vela. Xa queda menos, un pouquichiño de paciencia.

Continuará...

Distribuir contido