try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Curso 22-23

O NOSO PASO POLO COLE-DOCUMENTAL 6º

Ola, familias!

Por fin chegou o momento de ver o resultado final do traballo realizado ao longo do curso, polo alumnado de 6º.

Iniciamos cunha festa de fin de rodaxe no que compartimos unhas pizzas e moitas risas. O broche de fin de festa foi o visionado en primicia do documental.

Onte, na graduación compartimos o documental con toda a comunidade educativa. Moi orgullos@s dos nosos cineastas!

Pinchade na imaxe para ver esta produción cinematográfica.

PRÓXIMA APERTURA DO NOSO SUPERMERCADO!

Ola, familias!

Tal e como prometimos contámosvos a última hora sobre o noso supermercado: Carrefurdáns!

O alumnado de 4º de Primaria aproveitou os Polos Creativos para facer o folleto do súper coas mellores ofertas. Estade atentos e atentas a estes prezos. Son immellorables!

CONTINUARÁ...

UNHA SESIÓN DE FOTOGRAFÍA MOI ESPECIAL

Ola, familias.

Cada vez está máis cerca a graduación do alumnado de 6º de infantil e primaria. Que rápido crecen!

Pois ben, estes días as profes andiveron a facer as fotos para as orlas. Pero os nenos e nenas de infantil quixeron aproveitar para converterse en fotógraf@s e manexar a cámara, o trípode e o aro de luz de Polos Creativos como auténticos profesionais. 

Xulgade vós mesm@s! Pero quedaron requeteguap@s!

Continuará...

FALADOIRO NO CORREDOR

Ola, familias

As profes comezaron a poñer en práctica o aprendido na formación de Plotter. Decidiron acondicionar unha parte do corredor do primeiro piso do cole e convertelo nun Faladoiro. Cada vez na educación ten que estar moi presente, tal e como se recolle na lexislación vixente, a EDUCACIÓN EMOCIONAL.

A educación emocional consiste en que os nenos e nenas aprendan a expresar o senten. O que senten cando están tristes,  frustrados, asustados,cando se enfadan, cando se emocionan.

Parece fácil eh? O difícil é resolver conflictos, controlar esas emocións e poñerlle palabras ao que sentimos. 

Este recuncho é para iso. Poden usalo o alumnado entre eles ou cos profes. Ata o momento é un lugar no que apetece estar. Só queda usalo e disfrutalo.

Ah! E non esquezades que na nosa Tepoteca temos un montón de títulos que nos axudarán a crecer emocionalmente.

CONTINUARÁ...

SAÚDE E BOA ALIMENTACIÓN

Menudos expertos e expertas en vida saudable temos en 6º curso, fixeron un traballo arduo de investigación para informar a toda a comunidade educativa de cómo levar unha vida o máis saudable posible, botádelle un ollo aos traballiños que son moi interesantes.

Clicade nas imaxes para poder ver a información.

Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de primaria!!!

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO 6º PRIMARIA

Ola, familias.

A pasada fin de semana o noso alumnado de 6º de primaria disfrutou no cámping de Fieitas, en O Grove, da súa excursión de fin de curso. Nun entorno que mistura praia e montaña participaron de actividades de snorkel, piragüismo, escalada e sendeirismo...Pero estamos segur@s que o que nunca esquecerán serán os momentos que viviron xuntos. Botade unha ollada ao vídeo!

  

INICIO DA RODAXE EN 6º

Ola, familias!

Despois dun trimestre de duro traballo para os de : recompilar material, preparar storyboards e moito escribir e pensar...Por fin chegou o momento máis desexado: a rodaxe.

Aínda non vos podemos contar moito, porque é un pouco segredo. Pero hoxe en Polos Creativos respirouse ilusión, motivación e ganas! Neste ambiente o resultado está case garantido!

Entroido, Carnaval, Carnival, Mardigras...

O Entroido deste ano foi "de cine". Non só porque os disfraces foron en sintonía total co noso proxecto de centro senón porque despois dalgúns anos recuperamos a tradición do pasarrúas pola parroquia de Rebordáns. 

Compartimos a nosa ledicia e ganas de troula coas familias que nos acompañaron. Tamén os veciños e veciñas saíron á rúa a festexar con nós.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo:

XORNADAS DE FORMACIÓN DIXITAL PARA AS FAMILIAS

Ola familias!

Continuamos coa formación ás familias dentro do Plan Dixital do centro. Será en marzo e haberá servizo de atención aos nen@s durante os cursos. Non é necesario ter coñecementos de informática. Animádevos anotándovos no whatsapp do cole.

Distribuir contido