O alumnado de quinto, dentro do Proxecto de Polos Creativos quixo deixar unha mostra cinematográfica do que pensan dos datos persoais e do seu uso nas redes. Paga a pena escoital@s e deixal@s crear!
Para fomentar o coidado e protección dos nosos montes, o alumnado do cole traballa diferentes temáticas relacionadas co noso proxecto, podedes ver portas e paredes dos corredores con mensaxes e carteis para concienciar o respecto á natureza.
Para aqueles que non o saiban, no cole temos ECOPATRULLA, un equipo de estudantes moi comprometidos co medioambiente, que se fan cargo de asesorar ao alumnado e recoller nos recreos aqueles materiais que van ao lixo, así como levar os restos orgánicos ao noso composteiro.
Nesta ocasión, foron máis aló e adicaron parte do seu tempo a recoller o lixo que había na contorna do noso cole.
O alumnado de 3º de Primaria ven de facer unha actividade de OBSERVACIÓN, deste xeito, poderá coñecer cánto tarda en xermolar unha semente e ver o proceso de crecemento da mesma.
E como non, os máis pequeniños do cole dando exemplo aos maiores, eles tamén están comprometidos co coidado do noso planeta e así o mostran, cultivando a súa propia horta.
Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.