Skip to Content

REBORRADIO 

 

Monte Aloia

BIBLIOTECA CREATIVA

Paola Guimeráns viu de visita á Tepoteca para estar un ratiño con nós.

Realizou obradoiros sobre as posibilidades que dan os e-textiles, fomentando así o desenvolvemento da competencia computacional e as competencias STEAM.

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria traballou o patrimonio e a fauna do Monte Aloia na creacións de posters interactivos programando con Scratch. Logo aproveitaron os mandos creados para xogar ao Mario Bros.

Os maiores aprenderon sobre as prendas intelixentes. Con fíos que conducen electricidade pódense facer moitos tipos de circuítos para incorporar a nosa roupa e que nos axuden, chamando á Emerxencias, por exemplo.

Trala explicación, fixeron un pequeno circuíto para iluminar o nome dun animal típico do monte Aloia. Que dominio da agulla tiñan!

Para finalizar, coas placas micro-bit realizaron programacións co Make Code.

Que ben o pasamos! Desexando seguir aprendendo con estes recursos que fusionan a tecnoloxía coa educación artística!

Grazas, Paola, por acompañarnos nesta viaxe!

 
 
 

ANDAINA MUÍÑOS DO RÍO TRIPES

Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.

Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.

Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!

 

Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!  

 
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
 
 
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta,  Alberto Romero.
 
 
 
GRAZAS ASOCIACIÓN MUÍÑOS DO TRIPES
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut