Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

RECUNCHO FEDELLO

O recuncho fedello xa está en marcha na biblio os xoves e venres no tempo de lecer.

Os alumnos e as alumnas acoden entusiasmados a realizar as súas creacións.

A continuación presentámosvos unha mostra.

 

            

           

A MALETA DE TEPO E TEPA

As compañeiras e compañeiros de terceiro e cuarto tiveron a sorte de recibir as primeiras maletas de Tepo e Tepa.

Que emoción!

Cantas novas lecturas para gozar!

      

 

SAMAÍN 2021

No noso cole pasamos un Samaín terroríficamente divertido.

Tivemos exposións, obradoiros de máscaras, disfraces, merendas monstruosas, creación de figuras horripilantes… e non podían faltar as nosas lecturas ás escuras.

 O alumnado trouxo a súa lanterna e… os libros gañan misterio. Para moitos, a mellor Hora de Ler do curso!

  

  

 

E as máscaras terroríficas! Moi efectivas non serán... Pero chulas quedaron un rato!

Pasárono de medo!

  

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Por fin chegou o día das bibliotecas escolares e no cole estamos emocionados.

 Dende o ano 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día das Bibliotecas, en recordo da destrución da Biblioteca de Sarajevo durante o conflicto dos Balcáns.

 Queremos elexir esta data para iniciar o noso novo proxecto. Desexamos que toda a comunidade educativa poida gozar coas actividades que temos preparadas.

Despois de varios días de pensar e pensar... claro que a rapazada de Rebordáns descubriui o nome!

 Tras moita emoción colocaron unha a unha todas as letras e...

EsculTUIrízate!!

 Preparados e preparadas? Temos moito que facer... A por todas!

 

Celebrando o Samaín

Ola familias!

Deixámosvos unha mostra do que foi esta semana de Samaín no colexio. Unha semana de medo!

AULA MATINAL NO COLEXIO!

Podedes descargar a folla de inscripción neste arquivo ou solicitala no centro.

LISTAXES MATERIAL ESCOLAR 2021-22

Poden consultar as listaxes de material escolar para o curso 21-22 seleccionando os diferentes niveis educativos.

As librarías Carlín, Iris e Nobel (en Tui) tamén teñen coñecemento de ditas listaxes.

 

Recomendacións verán

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO.

Feliz Día do Libro!

Neste día tan especial, Tepo enviounos pola radio unha mensaxe misteriosa sobre unha sorpresa, baixamos por grupos á biblioteca e Tepo e Tepa agasalláronnos cunha morea de libros, fixemos as nosas recomendaci´´ons lectoras, houbo contacontos...

 

Recuncho Fedello

Con todas as limitacións e restricións impostas pola situación sanitaria , seguimos a realizar  actividades no Recuncho Fedello.

Nos tempos de recreo, o alumnado desenvolve proxectos baseados na definición de problemas e búsqueda de solucións.

        

Dúas alumnas de 4º de Primaria tratan de conseguir que o percorrido da canica se realice no menor tempo posible.



by Dr. Radut