Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

OS MUÍÑOS DO TRIPES

E continuando co noso proxecto de centro, 

Tepomisión: protexamos os nosos montes,

os nenos e nenas de 3º de primaria investigaron unha das construccións máis emblemáticas do monte Aloia:

os muíños do río Tripes.

Mirade que ben o fixeron!

 
 

OS NOSOS LIBROS 5 ESTRELAS.

As familias de Rebordáns compartiron coa Tepoteca aqueles libros que consideraron 5 estrelas.

Clicade na imaxe e veredes a gran variedade de títulos que saíron!

 
 
 

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

No Ceip de Rebordáns descubrimos uns verdadeiros artistas na arte de escribir e debuxar.

Partindo do seu interese pola banda deseñada, Tepo e Tepa puxeron en marcha un obradoiro onde elas e eles puideron crear estupendas historias.

Clicade na imaxe para gozar con algunhas delas.

Parabéns a todas e todos!

 

RECOMENDACIÓNS TOP DE 5º DE PRIMARIA

Non perdades detalle!

Os alumnos e alumnas de quinto de primaria queren recomendarvos algúns dos títulos con máis éxito da súa aula.

Mirade, mirade... con cal queredes comenzar?

Tepo e Tepa xa elixiron.

Lanzádevos á lectura!

 
 
 
 

READING IN ENGLISH

A Tepoteca ten libros en inglés para que todo o alumnado poida gozar con historias nesa lingua estranxeira.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria reflexionaron sobre We're different, we're the same. Despois da lectura e coloquio, plasmaron as súas ideas en debuxos.

 

 
 

MOCHILAS VIAXEIRAS DE VOLTA Á TEPOTECA

Despois da andaina polas familias de Rebordáns, as mochilas viaxeiras xa están de volta na Tepoteca.

Parabéns pola vosa participación e esperamos que as gozarades moito.

Tepo e Tepa xa están buscando novos títulos para o vindeiro curso.

 
 

O NOSO LIBRO FAVORITO EN GALEGO

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria queren compartir con nós as súas lecturas en galego favoritas.

Clicade na imaxe para ver o vídeo!

Parabéns, rapazada!

 
 
 

PINTIÑAS, NOVA COMPAÑEIRA DE TEPO E TEPA.

O alumnado de primeiro de primaria tivo a sorte de coñecer a Pintiñas, unha boa amiga de Tepo e Tepa.

Xuntos e xuntas compartiron aventuras e pasaron moi bos momentos. Todos eles foron plasmados nun magnífico Diario. Se queredes botarlle un ollo... xa sabedes, pasade pola Tepoteca.

Grazas, familias, pola vosa participación nesta actividade.

 
 
 
 

A VOZ DO ALOIA: OS PULMÓNS DA TERRA.

Tepo e Tepa fixeron un encargo a todo o alumnado do cole de Rebordáns.

Sabedores da importancia do coidado do medio ambiente, tiñan que realizar uns vídeos con pequenos consellos relacionados co noso proxecto de centro...

Tepomisión: protexamos os nosos montes.

Os bosques son os pulmóns da Terra pois producen o oxíseno que se atopa no aire e que nós precisamos para poder respirar.

Os bosques sanos limpan o aire e regulan o clima do noso planeta.

A Voz do Aloia lémbranos:

Ás árbores coidan de nós, coida ti tamén delas.

Este é o consello dos alumnos e alumnas de sexto de primaria. Aquí tedes o seu vídeo!

 

OBRADOIRO DE COLAXE LUMINOSO

Neste obradoiro xogamos con varios conceptos artísticos que nos gustan moito: o colaxe e a luz, así que deixamos voar a nosa imaxinación e, con variedade de elementos, fixemos producións artísticas coa técnica da colaxe sobre mesas de luz. Cambiaban moito ao acendelas!

Creatividade a tope!

 
Distribuir contido


by Dr. Radut