Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

QUE COMEZA REBORRADIO!

Xa está aquí! Por fin comezou! O programa máis agardado...

VOLVE REBORRADIO!

Un curso máis, é hora de quitarlle o po aos micros e quentar a voz.

Mara, Vicky, Lucía V, Andrea, Simón, Lucía G, Lara e André, alumnas e alumnos de 6º de primaria, encargáronse de presentar e amenizar este primeiro programa, cheo de aniversarios, novas, celebracións... Ata nos puxeron en órbita!

Non o podedes perder!

Podedes escoitalo premendo na imaxe ou dende aquí.

 

LECTURAS ÁS ESCURAS

Rapazada!

Xa temos todo listo para as lecturas ás escuras!

Non esquezades as vosas lanternas.

Tepo e Tepa.

   

 
 
 
 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe é 24 de outubro, día das bibliotecas escolares, e na Tepoteca quixemos festexalo co inicio do noso proxecto de centro para este curso.

Se queredes saber de que trata... ollade as imaxes!

 

 
 

PROXECTO DE CENTRO 2024-2025

 
 
 

A TEPOTECA ABRE AS SÚAS PORTAS!

 Iniciamos curso... con moitas novidades!

Achegádevos á Tepoteca para coñecelas. Aquí tedes un avance.

 
 
 

Manolo Solla visita a Tepoteca

Na Tepoteca pechamos este curso 2023 - 2024 do xeito que máis nos gusta... escoitando historias.

Neste 21 de xuño, Manolo Solla encheunos de maxia e contos.

Non podiamos rematar mellor!

Volvemos o 11 de setembro.

 
 

LENDO XUNTOS NO VERÁN.

Xa nos achegamos ao fin deste curso 2023 - 2024... e a Tepoteca pecha para labores de mantemento.

Non marcha sen deixarvos unhas recomendacións para estas vacacións de verán.

Disfrutade moito e... boas lecturas!

Tepo e Tepa estarán de volta con todos vós o 11 de setembro.

 

 
 
 
 
 
 

AVENTURAS NO MONTE ALOIA: LECTURA E FAMILIAS.

E rematando xa o noso proxecto de centro, os nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias queren compartir con todos nós este fabuloso conto.

As aventuras no monte Aloia é unha historia compartida chea de ilusións, ilusións pola lectura e ilusións por compartir momentos en familia.

Grazas, familias, polas vosas achegas e a vosa implicación neste proxecto!

Parabéns a todos e todas!

 
 
 
 
 
 

Saída fin de curso Monte Aloia 2023-24

O pasado día 10 de xuño, pechamos o curso académo ao grande cunha saída de todo o cole o noso querido Monte Aloia. Alí puidemos facer varias actividades coma:

- Os/as cativos/as de Educación Infantil e 1º Ciclo de Primaria puideron gozar das historias da Fada do Aloia descubrindo o apaixonante mundo da fauna e da flora.

- A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria, fixeron unha marabillosa ruta, na que coñeceron a Historia do Monte e a vexetación típica do parque natural.

- O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixeron un xogo de orientación, onde tiveron que atopar distintaspistas agochadas por diferentes partes do parque. 

Pasámolo xenial, para mostra un pequeno vídeo onde recollemos esta gran aventura. Para velo, premede aquí ou na foto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut