Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.

 

OBRADOIRO XOGUETE XIRATORIO

Pasámolo bomba elaborando os nosos xoguetes xiratorios. Con tiras de papel de cores xirando sobre un mesmo eixo conseguimos diversas figuras moi interesantes. Coincidimos en que o efecto óptico que se consegue é o que máis chama a atención nesta actividade.

CONTINUAMOS NAS ONDAS!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 5º de primaria foi o encargado de dirixir o programa, comentando novas do centro e facendo algunha recomendación interesante.

Naihara, Ela, Lucas, Basi, Alba, Iria e Noa foron os encargados de presentar e amenizar este segundo programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

 

OBRADOIRO ESTRUTURAS XEOMÉTRICAS

No obradoiro de hoxe experimentamos con plastilina e mondadentes e montamos diversas figuras en 3D: cubos, pirámides, prismas e... formas de todo tipo! 

NOVO CURSO, NOVA REBORRADIO!

Xa chegou! Xa está aquí! O programa máis agardado...

VOLTOU REBORRADIO!

Un curso máis, continuamos con esta andaina nas ondas e, como de costume, os encargados de pór en marcha estas emisións de radio foi o alumnado de 6º de primaria.

Aday, Yoel, Cloe e Maia encargáronse de presentar e amenizar este primeiro programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Esta semana tivemos unha visita moi especial, a de Antía, Óscar, Laura e Nacho. Quedamos alucinados con todo o que poden facer a pesar de estar en cadeira de rodas e, no caso de Óscar, non poder falar, aínda que sí pode comunicarse grazas aos medios tecnolóxicos.

 

 

Unha gran lección de superación a que mostraron.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

 

Ademais da visita, levamos varias semanas traballando esta data tan significativa para nós.

Aquí tedes algúns dos resultados:

O alumnado de 3º e 4º de primaria estiveron compoñendo este cartel formado por moitas volvoretas, todas diferentes, pero todas elas voando.

DIFERENTES NO VOO, PERO CO MESMO DEREITO A VOAR

 

Tamén na área de Educación Física se traballou o respecto á diferenza e o traballo en equipo.

NO DEPORTE ENCAIXAMOS TODOS

 

 

E como todo o que se traballa no centro, o eixe central sempre é a nosa biblioteca, polo que tamén houbo unha exposición con contos para ler e traballar sobre a diversidade funcional.

 "A DIFERENZA ENRIQUECE E O RESPECTO UNE"

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Neste pasado mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

A nosa Tepoteca tamén quixo unirse coa realización do obradoiro "SOS, a Terra".

A continuación, clicade na imaxe para ver o vídeo.

25 N - DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende o CEIP de Rebordáns queremos construír un mundo libre de discriminación, desigualdade e actos de violencia de xénero.

Aquí tedes algunhas das actividades que realizamos para visibilizar a importancia da loita contra a violencia de xénero.

NON MÁIS VIOLENCIA POR SER MULLER.

25 N

MES DE XADREZ

MES DE XADREZ!

Recibimos un ano máis, cos brazos abertos, a Brais, o profe de xadrez. Véu mostrarnos este xogo tan completo, e practicamos moito, moito... xa lle imos collendo o truco...

Grazas, Brais!

                                                                    

DÍA DAS ESCRITORAS

O día 16 de outubro festexamos o día das mulleres escritoras.

O alumnado de 6º de primaria móstranos o seu traballo nesta exposición. 

Desexan que sexa do agrado de Tepo e Tepa.

Seguro que coñecedes a algunha destas fantásticas escritoras!

  

       

 

Distribuir contido


by Dr. Radut