Temos o pracer de presentarvos o proxecto de 4º de Educación Primaria!
Que mellor para aprender que é a democracia e o sistema electoral que artellar unhas eleccións na nosa propia escola. Fixemos os nosos propios partidos con cadansúas propostas electorais, das que saíron moitas ideas para mellorar o noso centro que de seguro se terán en conta o vindeiro curso.
Contamos coa participación dos nosos compañeiros e compañeiras de primaria que acodiron a votar a proposta que máis lles gustaba.
E que importantes nos sentimos formando parte da mesa electoral!
E logo facendo o reconto. Que emoción por saber quen tiña máis votos!
Aínda que daba un pouco igual porque en todos os partidos había propostas moi interesantes.
Foi unha gran experiencia que desfrutamos moito.