O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro e, seguindo a proposta da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega), o noso alumnado de 3º e 4º de primaria partiron de diferentes poemas de Rosalía de Castro para crear outros novos coas palabras principas de cada un deles.
No caso de 3º de primaria, traballaron a partir do poema "Adiós ríos, adiós fontes" e no caso de 4º de primaria, foi o poema "Campanas de Bastabales".
Ademáis os nenos e nenas de 6º de primaria crearon uns raps moi rimados.
Por último, con todo o material elaborouse a seguinte montaxe audiovisual e un gran mural, onde tamén participaron os nenos e nenas de 6º de infantil, dándolle cor ao rostro de Rosalía de Castro coa técnica de Andy Warhol.
A Tepoteca aportou varios dos seus libros para que todos os nenos e nenas puideran gozar coa súa obra.
Grazas por tanto, Rosalía!
Clicade na imaxe para ver o vídeo.