Skip to Content

REBORRADIO 

 

ParTUIcipando: Charla informativa.

O alumnado de 5º e 6º de primaria acudiu hoxe na Tepoteca a unha charla informativa sobre a creación dun grupo de participación infantil municipal.

A participación neste grupo funcionará como unha actividade extraescolar. Será voluntaria e reuniranse unha vez ao mes aproximadamente.

Esta iniciativa encádrase dentro da iniciativa Ciudades Amigas de la Infancia de Unicef. 

Preténdese que nenos e adolescentes asuman un papel máis protagonista e interactúen co seu goberno local.

 



page | by Dr. Radut