Este mes o eco-reto de Voz Natura é "INVESTIGAMOS", nesta ocasión, o alumnado de primeiro realizou este reto despois de atopar no patio unha libélula, este feito levounos a estudar este animaliño que forma parte da nosa contorna, xa que estamos moi cerquiña do Monte Aloia.
Ademais, logo animamos ao resto dos compañeiros de outras aulas a facer unha investigación sobre a píntega, xa que descubrimos que este anfibio ten a súa a casiña nunha parte do noso patio escolar.
Aprendimos moitas cousas e sobre a non contaminar as augas, estes bechiños son bioindicadores fantásticos que nos indican que as augas do seu arredor son augas moi limpas.