Ubicación e entorno xeográfico
Ver mapa más grande
O centro está ubicado no barrio de Curuxeiras, á beira da carretera que une a nacional Tui - Vigo con Ribadelouro, nunha zona rural moi espallada sin industrias, nin comercios. A maioría dos habitantes se trasladan diariamente a traballar a Tui, Porriño e Vigo. O tipo de vivenda é a casa unifamiliar con horta.
Comunicacións
Entre Ribadelouro e Tui hai diariamente dúas líneas de autobuses o mesmo que de Tui a Vigo.
Os días de mercado, martes en Porrriño e xoves en Tui, hai unha liña especial.
Os veciños da Magdalena ( Ribadelouro) e Rebordáns pola súa proximidade á autovía, empregan a línea A Guarda - Vigo con servicio cada media hora.
Servicios recreativos culturais
En cada parroquia existe un Centro Recreativo Cultural con gran oferta de actividades culturais ao longo do ano , especialmente no de Rebordáns, no que participan unha gran maioría do alumnado.