A Xunta vén de publicar a ORDE do 6 de novembro pola que se regulan os criterios e distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria.
Todo o alumnado que recibiu as axudas de material escolar da Consellería de Educación no presente curso beneficiarase do reparto de máscaras de forma directa, sen ter que solicitalo.
O alumnado non beneficiario das axudas de material escolar tamén poderá solicitalas sempre que cumpra un dos seguintes requisitos:
- Familias cunha renda per capita igual ou inferior a 6000€ (no exercicio fiscal 2018).
- Alumnado cunha discapacidade igual ou superior a 65%.
IMPORTANTE:
- Débese cubrir o ANEXO I e o ANEXO II e presentar o Libro de Familia.
- Estes impresos deben entregarse no centro de forma PRESENCIAL.
- O prazo de presentación é do 16 ao 27 de novembro.