O alumnado de quinto, dentro do Proxecto de Polos Creativos quixo deixar unha mostra cinematográfica do que pensan dos datos persoais e do seu uso nas redes. Paga a pena escoital@s e deixal@s crear!
Dende 1963, o 17 de maio é un día destacado no calendario, pois festexamos o Día das Letras Galegas!
Ente ano 2024, homenaxeouse a Luísa Villalta Gómez.
Para festexar este día, e coñecer algo máis da homenaxeada, no cole celebramos a Semana das Letras Galegas, que estivo cheo de actividades e exposicións como:
Dia Literario. O alumnado de 6º de primaria achegounos un pouco máis a Luísa Villalta coa exposicion da súa vida e obra para, máis tarde, asistir a un recital de poemas en galego, feito por tódolos cursos.
Dia do teatro. O alumnado de 5º de primaria animouse a dramatizar unha adaptación do conto "Alcaldesa Vermella", de Miguel Ángel López González (O Hematocrítico).
Día da musica. Alumnos e alumnas do centro interpretaron diferentes pezas musicais, con instrumentos varios, para o disfrute do resto do alumnado. Amais, tamén tivemos un obradoiro de Baile tradicional galego!
E non todo remata aí! Nas aulas, tamén traballaron o seu, facendo diferentes actividades.
A Tepoteca ten libros en inglés para que todo o alumnado poida gozar con historias nesa lingua estranxeira.
Os alumnos e alumnas de6º de primaria reflexionaron sobre We're different, we're the same. Despois da lectura e coloquio, plasmaron as súas ideas en debuxos.
Osdiarios de campo son unha ferramenta educativa formidable.
Os pequenos e pequenas de infantil e primeiro de primaria aprenderon sobre a natureza e melloraron as súas habilidades de observación, todo iso porque se converteron nuns fantásticos Exploradores.
Explorar o monte Aloia, primeiro parque natural protexido de Galicia, foi unha experiencia estupenda para aprender sobre a nosa contorna.
E como non, os máis pequeniños do cole dando exemplo aos maiores, eles tamén están comprometidos co coidado do noso planeta e así o mostran, cultivando a súa propia horta.
Un dos obxectivos do traballo STEAM é abrir horizontes nas mentes dos nenos e nenas de cara a futuro. Conseguir "meterlles o gusaniño" e que entre as súas opcións de estudos superiores aparezan profesións relacionadas coas ciencias, as matemáticas, as artes, a enxeñería, a robótica ou a informática.
Non sei si o conseguiríamos nesta ocasión co alumnado de sexto. O que si que é seguro é que ao longo destas 5 semanas, montaron robots e os programaron, venceron dificultades, resolveron problemas, mediron e co seu esforzo, conseguiron metas alcanzables.
Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.
Colaboramos naXV edición do TUI LE xunto a Biblioteca municipal de Tui e as bibliotecas escolares da nosa contorna. Cada centro participante aportou un panel realizado polo alumnado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Luísa Villalta.
Os máis pequenos do cole gozaron co espectáculo de "Cores, contos e rock coa Ramona pequena" de Pakolas eLaura Romero.
O alumnado de 5º de primaria desfrutou coas actuacións dalgúns dos centros participantes.
E todos e todas puideron realizar o intercambio voluntario de libros.
As nenas e nenos de sexto vanse meter de cheo no mundo da robótica. Probarán dous modelos: o Mbot e o MiiBot. Despois de construilo terán que programalo. O traballo levará varias sesións e vos iremos contando paso a paso. Polo momento...aula de Steam preparada para comezar mañá.