try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Polos Creativos

Cineastas das redes

Ola familias!

O alumnado de quinto, dentro do Proxecto de Polos Creativos quixo deixar unha mostra cinematográfica do que pensan dos datos persoais e do seu uso nas redes. Paga a pena escoital@s e deixal@s crear!

AGASALLOS NA REDE

 

FAGO AMIZADES NA REDE

MEMES

 

AS PROTECTORAS DE INTERNET

 

Preparad@s, list@s...e sexto a "robotear"

As nenas e nenos de sexto vanse meter de cheo no mundo da robótica. Probarán dous modelos: o Mbot e o MiiBot. Despois de construilo terán que programalo. O traballo levará varias sesións e vos iremos contando paso a paso. Polo momento...aula de Steam preparada para comezar mañá.

CONTINUARÁ...

Reborradio: Fin de curso

Ola, familias!

Aquí tedes a derradeira emisión da nosa Reborradio.

Desexamos que vos guste.

Escoitámonos de novo en setembro!

Entrevista a Rita, a nosa mestra de inglés.

Ola, familias!

Temos o pracer de mostravos o podcast realizado por 6º de primaria. 

Con moita emoción entrevistan a Rita, a nosa mestra de inglés, que se xubila ao finalizar este curso.

Graciñas, Rita, por compartir tanto con nós!

 

OS PEQUES TAMÉN FIXERON POLOS CREATIVOS 3ª PARTE

Ola, familias!

Tanta ilusión lles fixo o tema dos imáns que pensamos...que mellor que acabar os Polos Creativos facendo con el@s un imán para a neveira coa máquina de chapas.

E así o fixemos! Atent@s a Emma que nos mostra no vídeo o procedemento a seguir coa máquina.

Continuará...

OS PEQUES DO COLE TAMÉN FIXERON POLOS CREATIVOS! 2ª PARTE

Ola, familias!

Sen dúbida o exitazo deste ano cos pequech@s do cole foi: as forzas de atraccións e os imáns.

Falamos de porqué ainda que a terra é redonda, non caemos. Pola forza da gravidade!

Así que fixemos de astronautas, porque alí arriba non hai gravidade e flotan. Pinchade para ver o vídeo:

A cousa non quedou aí. A profe Rocío mostrounos un imán e tivemos que experimentar a ver que pasaba con él. As súas caras de sorpresa e descubrimento son fantásticas

Estas científic@s prometen...

OS PEQUES DO COLE TAMÉN FIXERON POLOS CREATIVOS!

Ola, familias!

Algúns pensaredes que iso dos Polos Creativos so é cousa de maiores. Pois non. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos demostraron científicamente que, non só poden facer Polos Creativos senón que os gozan a tope!

Aquí van algunhas fotos das primeiras sesións con el@s:

Recibimos o carné de explorador@s para as nosas misións. Puxémoslle o nome con moitas ganas de pegar todas esas xemas preciosas!

Aprendemos a orientarnos espacialmente seguindo flechas, arriba, abaixo, dereita, esquerda...Xa conseguimos a primeira misión!

  Grazas ao aprendido guíamos aos scornabots a cada un das personaxes de Ruby e os seus amigos.


E máis fotos doutras cousiñas que fixemos...

Continuará... 

O NOSO PASO POLO COLE-DOCUMENTAL 6º

Ola, familias!

Por fin chegou o momento de ver o resultado final do traballo realizado ao longo do curso, polo alumnado de 6º.

Iniciamos cunha festa de fin de rodaxe no que compartimos unhas pizzas e moitas risas. O broche de fin de festa foi o visionado en primicia do documental.

Onte, na graduación compartimos o documental con toda a comunidade educativa. Moi orgullos@s dos nosos cineastas!

Pinchade na imaxe para ver esta produción cinematográfica.

PRÓXIMA APERTURA DO NOSO SUPERMERCADO!

Ola, familias!

Tal e como prometimos contámosvos a última hora sobre o noso supermercado: Carrefurdáns!

O alumnado de 4º de Primaria aproveitou os Polos Creativos para facer o folleto do súper coas mellores ofertas. Estade atentos e atentas a estes prezos. Son immellorables!

CONTINUARÁ...

Distribuir contido