try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

proxecto

CINEASTAS PIONEIRAS

Ola familias!

Os nenos e nenas de 4º de primaria quixeron aportar o seu grao de area ao Día da Muller e a maiores levaron a cabo unha investigación sobre "Mulleres cineastas" O resultado paga a pena velo. Pinchade no vídeo e a disfrutar do traballo ben feito!

SUPERESTREO DO VÍDEO PROMO DO COLE!

Ola familias!

Teño o pracer de presentarvos o vídeo onde mostramos o noso colexio. Está feito baixo a visión e o traballo dos nenos e nenas de 5º dentro do Proxecto Polos Creativos. Non podemos estar máis orgullosos do noso alumnado.

Botade unha ollada premendo na imaxe!

REBORDÁNS, CÁMARAS... E ACCIÓN!

E por fin chegou o día!

Despois de superar os retos do día das bibliotecas, tocaba gozar da nosa recompensa... o visionado de dúas estupendas películas: El monstruo de colores e Super 8.

Deste xeito iniciamos o noso proxecto: Rebordáns, cámaras... e acción!

Nos Multicines Norte explicáronnos con todo detalle o funcionamento dunha sala de cine, vimos as películas e comemos flocos de millo.

Pasámolo xenial!

SAÍDA AO CINE

E nesta semana tan de "ponte", nada mellor que acabar a semana cunha saída ao cine en Vigo. Atentos á cartelera!

P.D Mochila pequena con mascarilla, bocata e auga. Dos flocos de millo encargámonos nós.

 

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

24 DE OUTUBRO... COMEZA A AVENTURA!

Tepo e Tepa xa teñen todo preparado. E vós... estades list@s?

Luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, unha xornada cheíña de sorpresas!

ESCULTUIRÍZATE: MISIÓN NUBE DE PALABRAS

Misión cumplida!

Seguindo as instrucións de Tepo e Tepa, creamos nubes de palabras sobre que é a arte da escultura para nós. Entregámolas na biblio e... de aí foron dereitiñas a nosa exposición!

 

 

 

 

 

 

MISIÓN: DECORAR AS LETRAS

Como non podía ser doutro xeito, todos os nenos e nenas do CEIP de Rebordáns puxéronse mans á obra para crear o seu mellor deseño e sorprender a Tepo e Tepa.

Mirade o proceso!

Non poderían ser máis creativas!

 

 

MISIÓN MISTERIOSA

Aarón, o noso mensaxeiro, repartiu polas aulas uns sobres sorpresa. Eran grandes e contiñan unha misión misteriosa. É o momento de comenzar a investigar. Tedes que darlle ao coco.

 Cada día Tepo e Tepa sorprenderannos cunha nova pista. O luns 25 de outubro descubriremos o enigma, o título do proxecto de centro deste novo curso.

 

 

 

Distribuir contido