Skip to Content

REBORRADIO 

 

24 de outubro

FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

O luns 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas resolvendo uns retos que apareceron no noso cole. E como somos uns fantásticos investigadores, despois dunha gran tarefa, conseguimos superalos todos!

Averiguamos que o tema do noso proxecto de centro para este curso será o cine, e descubrimos que o nome elexido para a biblioteca é a Tepoteca.

Ademais Tepo e Tepa tíñannos unha sorpresa final. Unha vez resoltas todas as probas, apareceron uns cofres. Averiguamos a contrasinal e abrimos o cadeado. No seu interior había entradas para acudir ao cine a Vigo.

Foi unha mañá moi especial e esperamos máis sorpresas!

Estade atent@s!

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS! RETOS....SUPERADOS!

 

24 DE OUTUBRO... COMEZA A AVENTURA!

Tepo e Tepa xa teñen todo preparado. E vós... estades list@s?

Luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas Escolares, unha xornada cheíña de sorpresas!

DÍA DA BIBLIOTECA

 


     Como sabedes, o  día 24 de Outubro celébrase o Día da Biblioteca promovido dende 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil. Para conmemorar esta data todos os cursos visitaremos a nosa biblioteca. Alí realizaremos diferentes actividades encamiñadas a coñecer un pouquiño máis o funcionamento e organización deste espazo máxico.


      Aquí vos deixamos o cartel conmemorativo deste ano, deseñado polo ilustrador e humorista gráfico  Andrés Rábago "El Roto", para celebrar este día. Así mesmo a escritora Laura Gallego foi a encargada da redacción do pregón que acompaña este cartel; unha fantástica historia dun lugar onde non había libros.


      Se queres lelo, fai click no adxunto.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut