try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Tepoteca

Manolo Solla visita a Tepoteca

Na Tepoteca pechamos este curso 2023 - 2024 do xeito que máis nos gusta... escoitando historias.

Neste 21 de xuño, Manolo Solla encheunos de maxia e contos.

Non podiamos rematar mellor!

Volvemos o 11 de setembro.

 
 

LENDO XUNTOS NO VERÁN.

Xa nos achegamos ao fin deste curso 2023 - 2024... e a Tepoteca pecha para labores de mantemento.

Non marcha sen deixarvos unhas recomendacións para estas vacacións de verán.

Disfrutade moito e... boas lecturas!

Tepo e Tepa estarán de volta con todos vós o 11 de setembro.

 

 
 
 
 
 
 

AVENTURAS NO MONTE ALOIA: LECTURA E FAMILIAS.

E rematando xa o noso proxecto de centro, os nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias queren compartir con todos nós este fabuloso conto.

As aventuras no monte Aloia é unha historia compartida chea de ilusións, ilusións pola lectura e ilusións por compartir momentos en familia.

Grazas, familias, polas vosas achegas e a vosa implicación neste proxecto!

Parabéns a todos e todas!

 
 
 
 
 
 

OS MUÍÑOS DO TRIPES

E continuando co noso proxecto de centro, 

Tepomisión: protexamos os nosos montes,

os nenos e nenas de 3º de primaria investigaron unha das construccións máis emblemáticas do monte Aloia:

os muíños do río Tripes.

Mirade que ben o fixeron!

 
 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2024

Dende 1963, o 17 de maio é un día destacado no calendario, pois festexamos o Día das Letras Galegas!

Ente ano 2024, homenaxeouse a Luísa Villalta Gómez. 

Para festexar este día, e coñecer algo máis da homenaxeada, no cole celebramos a Semana das Letras Galegas, que estivo cheo de actividades e exposicións como:

  • Dia Literario. O alumnado de 6º de primaria achegounos un pouco máis a Luísa Villalta coa exposicion da súa vida e obra para, máis tarde, asistir a un recital de poemas en galego, feito por tódolos cursos.
  • Dia do teatro. O alumnado de 5º de primaria animouse a dramatizar unha adaptación do conto "Alcaldesa Vermella", de Miguel Ángel López González (O Hematocrítico).
  • Día da musica. Alumnos e alumnas do centro interpretaron diferentes pezas musicais, con instrumentos varios, para o disfrute do resto do alumnado. Amais, tamén tivemos un obradoiro de Baile tradicional galego!

E non todo remata aí! Nas aulas, tamén traballaron o seu, facendo diferentes actividades.

Mirade o vídeo para non perder detalle!

A MAXIA DO TEATRO

E neste curso tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria vivenciar a maxia do teatro, unha actividade que leva tempo preparar, pero onde se traballan moitísimos aspectos importantes para a nosa rapazada.

Co teatro, fomentamos a creatividade e a imaxinación, xa que temos que crear un atrezzo e un escenario. Desenvolvemos habilidades sociais e emocionais, xa que todos somos importantes, todos témonos que axudar e adaptar aos nosos compañeiros de escena cando representamos o papel. Melloramos a concentración e atención, ademais de estimular a expresión e a comunicación e, o mellor de todo, realizáse nun ambiente de diversión, onde rimos moito, moitísimo!

A obra representada foi unha adaptación do conto "ALCALDESA VERMELLA" do HEMATOCRÍTICO, mostrando así a nosa humilde homenaxe a un gran escritor, que a pesar de deixarnos, sempre estará presente entre nós a través das lecturas.

Preme na foto, ou AQUÍ, se queres ver a obra e vivir a emoción do teatro con eles e elas

Pasámolo xenial e as familias puideron gozar desta obra tan fantástica.

 

OS NOSOS LIBROS 5 ESTRELAS.

As familias de Rebordáns compartiron coa Tepoteca aqueles libros que consideraron 5 estrelas.

Clicade na imaxe e veredes a gran variedade de títulos que saíron!

 
 
 

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

No Ceip de Rebordáns descubrimos uns verdadeiros artistas na arte de escribir e debuxar.

Partindo do seu interese pola banda deseñada, Tepo e Tepa puxeron en marcha un obradoiro onde elas e eles puideron crear estupendas historias.

Clicade na imaxe para gozar con algunhas delas.

Parabéns a todas e todos!

 

RECOMENDACIÓNS TOP DE 5º DE PRIMARIA

Non perdades detalle!

Os alumnos e alumnas de quinto de primaria queren recomendarvos algúns dos títulos con máis éxito da súa aula.

Mirade, mirade... con cal queredes comenzar?

Tepo e Tepa xa elixiron.

Lanzádevos á lectura!

 
 
 
 

READING IN ENGLISH

A Tepoteca ten libros en inglés para que todo o alumnado poida gozar con historias nesa lingua estranxeira.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria reflexionaron sobre We're different, we're the same. Despois da lectura e coloquio, plasmaron as súas ideas en debuxos.

 

 
 
Distribuir contido