Skip to Content

REBORRADIO 

 

ciencia

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Iniciamos o mes da ciencia coa visita dos científicos Amparo e Suso do Museo Científico de Gondomar. Viñeron a ensinarnos ciencia relacionada co noso proxecto deste curso: o cine.

Experimentamos observando as primeiras imaxes en movemento da historia do cine (zoótropo) e as imaxes do futuro (hologramas).

Aprendemos o que son as luces estroboscópicas, xogamos coas sombras de cores e para rematar convertémonos en ciéntificos comprobando cun disco de Newton que a luz branca está formada polas sete cores do arco da vella.

Quen sabe se hai algún futuro científico entre as nenas e nenos de Rebordáns!

Non volo perdades!

Premede na imaxe.

 E no noso recuncho de lectura do corredor, podedes botar un ollo a nosa exposición de libros de ciencia.

 

CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Aproveitando que estamos no mes da ciencia en galego, recibimos na biblioteca unha visita moi máxica, o Mago Paco.

Os rapaces e rapazas de terceiro e cuarto gozaron co espectáculo Ciencia vs Maxia, e os de quinto e sexto, con MateMaxia.

 Quedaron abraiados!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut