try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Proxecto cine

O NOSO PASO POLO COLE-DOCUMENTAL 6º

Ola, familias!

Por fin chegou o momento de ver o resultado final do traballo realizado ao longo do curso, polo alumnado de 6º.

Iniciamos cunha festa de fin de rodaxe no que compartimos unhas pizzas e moitas risas. O broche de fin de festa foi o visionado en primicia do documental.

Onte, na graduación compartimos o documental con toda a comunidade educativa. Moi orgullos@s dos nosos cineastas!

Pinchade na imaxe para ver esta produción cinematográfica.

TIC, TAC, TIC, TAC...XA QUEDA MENOS!

O alumnado de 6º xa está con derradeiros retallos da súa creación cinematográfica. Esteredes comigo en que estamos desexando vela. Xa queda menos, un pouquichiño de paciencia.

Continuará...

ENTRE BAMBALINAS - REBORDÁNS, CÁMARAS, ACCIÓN!

Ola, familias.

En plena rodaxe coa aula de 6º vén á nosa memoria a gravación que fixemos hai uns meses co grupo de 5º do vídeo promo do noso colexio.

Mirando ás fotos que fixemos cremos que paga a pena mostrar o que ocorría por detrás, "entre bambalinas"

Porque na viaxe, non só é importante chegar, senón gozar co percorrido. E só hai que ver as fotos para decatarse que eles e elas o gozaron.

Organización da rodaxe:

 Gravando as esceas con croma

 Descansando un pouco...

 As profes orgullosas do traballo do alumnado

 Dentro vídeo!

CONTINUARÁ...

SEGUIDE O CAMIÑO DAS BALDOSAS AMARELAS

Durante a semana de conmemoracións do Día do libro, unha mensaxe apareceu nas clases. Esta mensaxe pertencía á película "El mago de Oz" e poñía... 

"seguide o camiño das baldosas amarelas..."

E así o fixemos!

Clicade no vídeo e mirade o que atopamos.

 

INICIO DA RODAXE EN 6º

Ola, familias!

Despois dun trimestre de duro traballo para os de : recompilar material, preparar storyboards e moito escribir e pensar...Por fin chegou o momento máis desexado: a rodaxe.

Aínda non vos podemos contar moito, porque é un pouco segredo. Pero hoxe en Polos Creativos respirouse ilusión, motivación e ganas! Neste ambiente o resultado está case garantido!

CINEMA MARABILLAS - RAQUEL QUEIZÁS

O pasado venres, 31 de marzo, recibimos na Tepoteca o espectáculo da actriz Raquel Queizás, Cinema Marabillas.

Tepo e Tepa tiñan todo preparado para que o alumnado do Ceip de Rebordáns gozara vendo as primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos.

E así descubrir que o cine e a literatura van moi unidos. 

Toda unha sesión chea de risas, historias, cine, maxia... encheu a nosa Tepoteca.

Un fantástico xeito de enriquecer o noso proxecto deste curso, Rebordáns, cámara...e acción! 

 

 

Tres das nosas artistas de quinto de primaria agasallaron a Raquel Queizás con unha das súas pequenas creacións. 

Graciñas por compartir o teu talento con nós!

Ata a próxima!

Entroido, Carnaval, Carnival, Mardigras...

O Entroido deste ano foi "de cine". Non só porque os disfraces foron en sintonía total co noso proxecto de centro senón porque despois dalgúns anos recuperamos a tradición do pasarrúas pola parroquia de Rebordáns. 

Compartimos a nosa ledicia e ganas de troula coas familias que nos acompañaron. Tamén os veciños e veciñas saíron á rúa a festexar con nós.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo:

25 N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado 25 de novembro, conmemoramos o Día internacional contra a violencia ás mulleres con diferentes actividades, nas que participamos todas e todos con moita ilusión e convencemento. Para ver unha mostra do que fixemos, pinchade na foto para ver esta montaxe feita polo equipo de Extraescolares:

Distribuir contido