Grazas a Voz Natura e á colaboración da Asociación Muíños do Tripes e Discamino puidemos gozar dunha preciosa ruta pola contorna do Monte Aloia.
Aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopabamos no camiño e así colaborar a manter limpo o noso monte.
Observamos animais que habitan neste parque natural como pequenos morcegos que durmían dentro dos muíños, zapateiros que nos indican a limpeza das augas que pola senda transcorren e ata unha serpe bebé!!!
Podedes ver no seguinte video o ben que o pasamos!!!
Para esta saída contamos cunha colaboración moi especial "Discamino", asociación composta por voluntarios que de xeito totalmente altruísta, axudan a todo aquel que non é quen de facer o camiño por sí só. Eles montaron o seguinte video o cal compartimos.
GRAZAS POLA VOSA LABOR!!!
Tepo e Tepa, coma sempre, móstrannos todo o que podemos aprender nos libros, aquí temos dous exemplares dun dos nosos guías na ruta, Alberto Romero.
O alumnado de 5º e 6º de primaria, enmarcado no noso proxecto Tepomisión: protexamos os nosos montes, participou nun obradoiro de Ecoloxía na vida cotiá.
Coñeceron como realizar receitas ecolóxicas de limpeza e droguería: antical, abrillantadores de mobles, limpadores de chans e azulexos, limpafornos...
Tamén observaron o proceso de elaboración de xabónreutilizando aceite.
As profes comezaron a poñer en práctica o aprendido na formación de Plotter. Decidiron acondicionar unha parte do corredor do primeiro piso do cole e convertelo nun Faladoiro. Cada vez na educación ten que estar moi presente, tal e como se recolle na lexislación vixente, a EDUCACIÓN EMOCIONAL.
A educación emocional consiste en que os nenos e nenas aprendan a expresar o senten. O que senten cando están tristes, frustrados, asustados,cando se enfadan, cando se emocionan.
Parece fácil eh? O difícil é resolver conflictos, controlar esas emocións e poñerlle palabras ao que sentimos.
Este recuncho é para iso. Poden usalo o alumnado entre eles ou cos profes. Ata o momento é un lugar no que apetece estar. Só queda usalo e disfrutalo.
Ah! E non esquezades que na nosa Tepoteca temos un montón de títulos que nos axudarán a crecer emocionalmente.
O alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria tiveron unha saída a Apípolis, onde aprenderon a importancia das abellas no coidado do noso planeta.
Xa logo, no noso cole, o alumnado de 2º de primaria investigaron máis en profundidade e quixo compartir os seus coñecementos co resto do cole con este mural informativo tan bonito e interesante.
E os pequechos e pequechas de 1º primeiro tamén aportaron o seu gran de area con esta colmea tan chula!!!
Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, un día no que quixemos crear conciencia sobre a importancia de manter as augas limpas, o noso planeta Terra está cuberto case un 70% de auga, así que podedes imaxinar por que temos que ser conscientes do coidado desta gran parte do noso planeta.
Para isto, volvemos a botar man da nosa TEPOTECA, onde hai libros interesantísimos sobre esta temática, nesta ocasión traballamos o conto:
"Alejo"o cangrexo, tiña que cambiar de cuncha e non atopaba máis que lixo no mar e nas praias.
Esta divertida historia, levou a procurar solucións para evitar situacións como a que lle ocorría a "Alejo".
A solución resultou ser moi sinxela, RECICLARe tirar cada cousa no lugar axeitado. Así que, o alumnado de 1º curso puxémonos mans á obra:
Os pequechos de 6º de infantil deron cun libro superchulo que Tepo e Tepa tiñan no expositor do corredor, "O CAPITÁN VERDEMAN, SUPERHEROE DA RECICLAXE" resultou ser unha historia moi divertida e interesante onde nos fai ver a importancia da reciclaxe. Traballaron o conto e fixeron un cartel para colocar na entrada do cole.
Aquí temos aos nosos superheroes e superheroínas, moi concienciados de conseguir UN MUNDO MELLOR!!!!
Coa data desta conmemoración tan importante para nós, no noso cole quixemos realizar varias actividades para festexalo:
LECTURA EN NATUREZA:Tepo e Tepa, as mascotas da nosa biblioteca, sorprendéronnos cun novo e especial recuncho para gozar da lectura, e vaia se non é especial, está no espazo máis natural do noso patio, na zona do monte!!!, onde entre árbores, rochas e manto verde, poderemos deleitarnos coas historias dos contos.
COIDAMOS A NOSA CABANA DE VIMBIOS: aproveitamos esta data para poñer bonita a nosa cabana, podámola e trenzamos ramas que sobresaían, as ramas sobrantes cortámolas en cachiños e foron para o composteiro. Agora temos un espazo máis para poder ler á sombra no cando veña a calor.
RECOLLIDA DE LIXO EN TODO O PATIO: outra actividade para conmemorar este día, recollimos todo o lixo que atopamos no patio, parecía que non había, pero ao final enchemos un saco enteiro!!!que contentos nos puxemos todos ao ver todo limpo, así queremos todos os espazos naturais, libres de lixo!!!!