Skip to Content

Proxecto: "OS VOLCÁNS"

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do proxecto que os nenos e nenas de segundo estivemos a realizar sobre os volcáns (contextualizando a nosa proposta no volcán da Palma).

Para iso, e como podedes comprobar, levamos a cabo diferentes tarefas entre elas: a busca de información en diferentes soportes (lectura de libros, visualización de documentais...), tamén traballamos a expresión escrita e a escritura creativa, levamos a cabo actividades para fomentar a resolución de problemas...

Ademáis diso traballamos coa realidade aumentada e puidemos ver como erupcionaba un volcán, así como as súas partes. Mais o que máis nos gustou, sen lugar a dúbidas, foi o experimento.

 

COMO NOS GUSTA APRENDER E DIVERTIRNOS!



page | by Dr. Radut