Gallego

Cursos de verán organizados polo INTEF

Summary: 

Cursos de verán de xullo a setembro
Gallego

Durante os meses de xullo e setembro de 2014, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), organiza doce cursos de verán dirixidos ao profesorado e aos centros educativos de todo o territorio nacional.
Para consultar a información:

Enlace ao post do INTEF coa  información sobre os cursos de verán

http://blog.educalab.es/intef/2014/05/21/cursos-de-verano-2014/


Enlace á convocatoria do BOE

http://www.boe.es/boe/dias/2014/05/24/pdfs/BOE-A-2014-5479.pdf

Enlace á sede electrónica    

http://www.mecd.gob.es/educacion-mecd/areas-educacion/profesorado/formacion/formacion-permanente/cursos-congresos/cursos/cursos-de-verano.html

 

 

 

 

 

 

 

 

cursos verán

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014

Summary: 

Xúntase a Orde do 12 de maio de 2014 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2014.
Gallego

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 20 días de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 20 días de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

O persoal docente de carreira que pertenza aos corpos que imparten ensinanzas das establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na Inspección Educativa.

Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada e non poden ter recibido reintegro individual nas dúas últimas convocatorias (anos 2012 e 2013).

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo modelo do anexo I da convocatoria.
  • Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.
  • Certificación da dirección do centro na cal se xustifique que a persoa solicitante exerce actualmente nel e se especifique a disciplina, área, ciclo ou especialidade que imparte.
  • Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.
  • Memoria explicativa dos motivos polos cales se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na función docente.

Máis información

Mail: reintegros.fprofe@edu.xunta.es
Tl.: 981 546.515/ 981.546.513
Servizo de Formación do Profesorado
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

reintegro

Xornada de presentación de proxectos educativos educAcción

Summary: 

Últimos días para inscribirse. 28/Maio (Vigo)
Gallego

Es profe nun centro educativo galego? Gustaríache coñecer proxectos didácticos innovadores que se levan a cabo noutros colexios? Tes un proxecto, mais non sabes ben como poder implementalo no teu centro e noutros? Esta é a túa oportunidade!... Reserva xa a túa praza na I Edición de educAcción, unha xornada na que os profesores seredes os protagonistas e na que, dunha forma amena e divulgativa, descubrirás os proxectos premiados na convocatoria de proxectos educativos educaBarrié, así como outros proxectos propios nos que xa participan máis de unha centena de centros educativos da nosa comunidade.

Inscrición: Completar o formulario online clicando en "Apuntarse nesta actividade".

Data: mércores 28 de maio de 2014

Hora: de 17.30 a 20.30 horas

Lugar: Fundación Barrié, sede de Vigo

Ao longo da Xornada e a través de breves presentacións de 10 minutos, irás coñecendo os nosos proxectos máis salientables, da man dos seus protagonistas: os profesores que os coordinan e os alumnos que neles participan.

Proxectos do ámbito artístico, social, literario, científico, todos eles unidos por unha vocación interdisciplinar e co claro obxectivo de axudar a definir un novo modelo educativo enfocado á investigación, á experimentación e á diversión como chave para a ensinanza.

Convidámoste a que te relaxes, abras ben os ollos, deixes libre a túa mente e viaxes connosco a unha nova dimensión educativa, onde a innovación, a ilusión e a paixón guían a aprendizaxe.

Ven e constrúe connosco a educación que imaxinas.

INSCRIBIRSE

 

EDUCAACION

II Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

Summary: 

23 e 24 de maio / Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela
Gallego

Dada de celebración: 23 e 24 de maio.

Lugar de celebración: Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela

Horario: VENRES: 16:00h - 20:00h // SÁBADO: 10:00h -  20:00h

Ligazón Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=472

 

 

II Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria
II Encontros de Educación Infantil e Educación Primaria

G1302034 - Xornada para orientadores. A Orientación Profesional e as novas competencias profesionais

Summary: 

Xornadas para orientadores nas que se tratará dos cambios normativos e novidades lexislativas na FP básica,a FP dual, a orientación e admisión na FP e as novas vías cara a empregabilidade.
Gallego

 

Dada de celebración: 21 de maio.

Lugar de celebración: CIFP Politécnico de Santiago. Rúa Rosalía de Castro 133.

Horario: 09.00h- 19.30h

Ligazón a Fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaInicio.do?DIALOG-EVENT-verAct=verAct&cod_actividade=60842

Ligazón Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=485

Xornadas orientación

Estadías Formativas 2014: Resolución definitiva

Summary: 

Na web da Subdirección Xeral de Formación Profesional vense de publicar a resolución definitiva do profesorado seleccionado para realización dunha Estadías Formativa en Empresas na convocatoria do 2014.
Gallego

A un total de 49 profesores/as de diferentes familias da Formación Profesional, foilles concedida unha praza nas diferentes modalidades da presente convocatoria de Estadías Formativas 2014.

A resolución definitiva coas contías das indemnizacións polos gastos de desprazamento concedidas, está publicada na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.gal/fp/node/12159

As estadías formativas estanse a desenvolver dende o pasado día 2 de abril e ata o 12 de setembro. Ao seu termo a comisión de avaliación das estadías formativas en empresas, avaliará a calidade da documentación elaborada polos participantes e as incidencias que puideran haber acontecido durante o desenvolvemento das mesmas.

 

Estadias Formativas en Empresas 2014
Estadias Formativas en Empresas 2014

XV Foro galego de educación para a igualdade

Summary: 

O propósito dos foros é promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual, sen connotacións de xénero, ao feminino e ao masculino
Gallego
Código da actividade: G1302008
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago
Datas de celebración: 25 e 26 de abril
 
O propósito dos foros é promover a construción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual, sen connotacións de xénero, ao feminino e ao masculino.
Entre os seus obxectivos figura tamén procurar a reflexión entre o profesorado galego sobre a transmisión de estereotipos de xénero no ámbito escolar e favorecer a toma de conciencia das e dos asistentes como axentes nesta situación discriminatoria, así como presentar investigacións e proxectos que sirvan de guía para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero.
O propósito do foro nesta décimo quinta edición é axudar á construción dun novo modelo formativo que incorpore o emprendemento en feminino como motivo de debate para pensar en actitudes diferentes necesarias para levar ás aulas
 
foro

G1302030: O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes

Summary: 

Xornada de formación sobre o uso que fan os adolescentes da rede e das redes sociais.
Gallego

Data da Xornada: 29 de abril de 2014

Lugar de Celebración: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Número de horas totais: 8

Enlace a Fprofe: O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes

Data: 

29/04/2014

Sección: 

G1302030: O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes

Summary: 

Xornada de formación sobre o uso que os adolescentes fan da rede e das novas tecnoloxías.
Gallego

O próximo martes 29 de abril terá lugar en Santiago de Compostela, na Cidade da Cultura, a Xornada de formación O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes.

Esta actividade está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Valedor do Pobo, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e mais a Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais de relatorios sobre o papel da rede e das redes sociais entre os adolescentes, sobre os riscos de Internet e sobre aspectos legais da materia, nesta Xornada presentaranse o Protocolo Xeral de Prevención, Detección e Tratamento do Acoso Escolar e Ciberacoso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e tamén a Plataforma on line de screening do uso de Internet e as novas tecnoloxías nos centros de secundaria de Galicia, coa cal se pretende recadar datos actuais e fiables sobre este aspecto.

Máis información en Fprofe.

 

O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías

File: 

Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor

Summary: 

Como cada ano, celebramos no 23 de abril o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor coincidindo coa conmemoración da morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega
Gallego

Imaxe representativa dos 50 anos de MafaldaComo cada ano, celebramos no 23 de abril o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor coincidindo coa conmemoración da morte, en 1616, dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
E tamén, como cada ano, publícase a mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova: “A historia da palabra escrita é a historia da humanidade”.
A UNESCO escolleu a Mafalda, personaxe de banda deseñada creada por Quino, como símbolo desta celebración cunha exposición,na súa sede en París, sobre "a célebre nena pacifista e contestataria" aos seus 50 anos.
Outras iniciativas da UNESCO nesta data serán a presentación da publicación "Reading in the Mobile Era" sobre a lectura e os dispositivos móbiles. E a presentación do concurso "Debuxar a portada do teu libro” destinado a estudantes con idades comprendidas entre os seis e os 13 anos.
Port Harcourt, cidImaxe representativa da declaración da cidade nixeriana Port Harcourt como cidade mundial do libro 2014ade nixeriana do delta do Níxer, en Nixeria, será a Capital Mundial do Libro por un ano.

En conmemoración desta data a Asesoría de Bibliotecas Escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito de Paco Martín no 30 aniversario da publicación do seu libro As cousas de Ramón Lamote.

Aquí, na nosa terra, destacamos a iniciativa #EngalegoLeo de fomento da lectura en galego organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG). A participación é aberta a todo o mundo e consiste en compartir na rede social Twitter, mediante a etiqueta #engalegoleo, recomendacións de lectura en galego.

Imaxe para o día do libro 2014 na que Mafalda é o símbolo representativo.
Imaxe para o día do libro 2014 na que Mafalda é o símbolo representativo.
Port Harcourt cidade nixeriana capital mundial do libro 2014
Port Harcourt cidade nixeriana capital mundial do libro 2014
50 anos de MAfalda
Imaxe representativa dos 50 anos de Mafalda