Convocatoria de Estadías Formativas 2014

Ata o vindeiro día 23 está aberta a preinscrición ás Estadías Formativas 2014 para todo o profesorado de FP e das artes plásticas e deseño.
Xov, 20/02/2014 - 12:49
estadias

Ata o vindeiro día 23 de febreiro, está aberto o prazo de preinscrición da modalidade formativa  Estadías Formativas en Empresas. Esta convocatoria está dirixida unicamente ao profesorado funcionario de Formación Profesional inicial, e de Ensinanzas Artísticas e Deseño.

O profesorado substituto non pode participar nesta modalidade formativa. Os interinos si.

As Estadías Formativas, brindan ao profesorado a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e da realidade do seu sector, colaborando cunha empresa do seu ámbito profesional. Existen tres tipos:

Temporalización

O período de realización das estadías comprende dende o 1 de abril de 2014 ata o 12 de setembro, sen incluír o mes de agosto (agás casos excepcionais). Nese intervalo, o profesorado debe consensuar coa empresa o seu horario, dentro dos seguintes límites:

  • A duración mínima das estadías é un total de 40 horas e a duración máxima 160 horas.
  • Como mínimo as sesións diarias deben ser de 4 horas interrompidas e o máximo é de 8 horas.
  • Deben facerse como mínimo dúas sesións por semana.
  • A temporalización proposta non debe interferir coa das actividades lectivas. Deben facerse fora do horario lectivo.

Solicitude

O profesorado interesado debe solicitar a súa participación a través de fprofe, no apartado GT,SP,PFAC,PFFP. Cada interesado/a deberá solicitala súa preinscrición poñendo a modalidade na que está interesado, o CFR ou CAFI da súa área xeográfica, e premendo no botón Presentar.

É importante decatarse que o botón de gravar só serve para almacenar unha copia de borrador, pero non se completa a solicitude de preinscrición ata premer en Presentar.

Preinscricion das estadias en fprofe

Posteriormente e sempre tras o remate do prazo de preinscrición a persoa interesada, deberá entregar no CFR ou CAFI correspondente, a solicitude de inscrición segundo o seguinte modelo.

  1. O prazo para facer a preinscrición e ata o próximo día 23 de febreiro (incluído).

  2. O prazo para entregar a inscrición no CFR ou CAFI correspondente é ata o próximo día 14 de marzo (incluído).

  3. Nos últimos días do mes de marzo publicarase no apartado de Estadías formativas da páxina web da Subdirección xeral de FP, a listaxe de solicitudes seleccionadas para realizar as estadías e o importe da axuda concedida para a mesma.

  4. Por último, os asesores de formación de profesorado, porase en contacto cos beneficiarios/as para ofrecerlles asesoramento.

Certificación

Ao termo de cada estadía, o profesorado participante deberá entregar ao asesor/a de formación que o asesore e a través de fprofe:

  • unha memoria final, resumindo a súa experiencia.
  • unha actividade de aplicación directa na aula, na que aplique o aprendido no ensino dalgún módulo con atribución para a súa especialidade.
  • Os xustificantes dos gastos de desprazamento: billetes, tíckets, etc.

Tras o remate da presente convocatoria de estadías formativas, a Comisión de selección avaliará a documentación e informes presentados, e decidirá o número de horas de formación que deberán certificarse por cada estadía, cun máximo de 3 horas de formación por cada 10 horas de estadía. Por exemplo, para o caso dunha estadía de 160 horas, como máximo poderán certificarse 160·0.3 = 48 horas.

Mais información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/estadias-formativas-en-empresa