Gallego

Resumo de normas das actividades de formación

Summary: 

Resumo de normas dos Pfpp, Pfac, Gt e Seminarios do curso 2013/2014.
Gallego

Podes descargar os ficheiros informativos pinchando nos enlaces:

imaxe plan anual

L1301016 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Summary: 

Actividade mixta dirixida a todo o profesorado, interesante para traballar dende todas as áreas e materias, a desenvolver no CFR de Lugo
Gallego

Imaxe didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA

O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.

Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado con profesorado de clásicas, idiomas, educación primaria e educación secundaria, sociais, etc. e que se decidiu repetir dada o éxito acadado na valoración da  (interese amosado, alta implicación, avaliación  e satisfacción por parte do profesorado asistente).

O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta no enfoque por proxectos e o ensino do patrimonio para a solución das posibles dúbidas) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

Hai que subliñar que o ensino do patrimonio (cultural, natural, artístico, oral....) é interesante e aplicable para o profesorado de todas as áreas e materias. Tamén se abordarán aspectos das tecnoloxías móbiles e dixitais e o emprego de ferramentas colaborativas. Completaranse as sesións informativas con visitas guiadas pola cidade e  visitas tamén didácticas a varios centros museísticos.

Profesorado relator:

  • D.  Fernando Trujillo Sáez ( profesor na Universidade de Granada). Acceso ás súas webs
  • D. Ramón Noche Fraga (profesor no IES Xograr  Afonso Gómez Sarria e autor do blog Alifbai)
  • D. Manuel González Álvarez  (profesor no IES Concepción Arenal de Ferrol e autor de Cliphistoria)
  • D. José Luís Guede Losada (profesor no CPR San José de Ourense, autor de Civitas Auriensis)
  • D. Antonio Reigosa Carreiras (Responsable de Comunicación e Xestión Cultural da Rede Museística da Deputación de Lugo e autor da web Galicia Encantada)
  • D. Josué LLul Peñalba (profesor de Ciencias Sociais, xeografía e historia, director do Departamento de Didácticas Específicas na Escola Universitaria Cardenal Cisneros de Alcalá de Henares e coautor de La ciudad en el arte)

En breve comezarase o proceso de selección. Pregamos confirmen ou renuncien o máis rápido posible.

Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

L1301016 - Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Summary: 

Actividade mixta a desenvolver no CFR de Lugo de interese para todo o profesorado e todas as áreas e materias
Gallego

Imaxe didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Imaxe de Marta Arias López//CC BY-SA

O curso Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos é unha das actividades que dende a asesoría Lingüística e social vaise ofertar para desenvolver no CFR de Lugo dentro do Plan anual de formación do profesorado 2013/2014.

Ésta é unha actividade que se desenvolveu neste curso pasado e que se decidíu repetir dada o éxito acadado (interese amosado, alta implicación,  valoración  e satisfacción por parte do profesorado asistente).

O curso computa 50 horas de formación e 30 serán presenciais e as 20 restantes non presenciais ( en rede titorizadas por unha persoa experta na didáctica por proxectos) onde se elaborará, aplicará e avaliará un pequeno proxecto que poderá desenvolverse de forma colaborativa.

Hai que suliñar  que, dada a temática, é interesante para o profesorado de todas as áreas e materias.

Referencia: L1301016
Centro de formación e recursos: Lugo
Temporalización:  1º trimestre, Curso académico 2013/2014
Data límite de inscrición: 20/09/2013
Lugar: Lugo
Prazas:  20  

Obxectivos:

  1. Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas
  2. Empregar os recursos educativos da contorna próxima.
  3. Analizar, integrar, crear e valorar materiais TIC no ensino-aprendizaxe do patrimonio.

Contidos:

  1. Traballo por proxectos no ámbito social. Proceso e instrumentos de planificación. Deseño de proxectos para a aula. Experimentación e avaliación.
  2. Didáctica do patrimonio e contornas de aprendizaxe colaborativa, locais e en rede. As TIC como instrumento de traballo na aula aplicado ao traballo por proxectos (portfolios dixitais, aulas virtuais, blogues, wikis, etc.).
  3. Recursos multimedia no tratamento de contidos sociais. O emprego de tecnoloxías móbiles e dixitais.
  4. Presentación de diferentes modelos e experiencias prácticas da didáctica do patrimonio segundo a metodoloxía por proxectos.
  5. Establecer criterios para elaborar un plan de experimentación e avaliación dunha proposta de actividade de aula en relación co traballo por proxectos. 

Pulsa para facer a inscricíón.

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Revista da Rede de Formación

Summary: 

Vídeo da revista da Rede de Formación do Profesorado de Galicia.
Gallego

Vídeo da revista da Rede de Formación do Profesorado de Galicia.

Revista
Revista

Plan de formación 2013-2014 CFR de Ferrol (corrección de erros)

Summary: 

ATENCIÓN!!! Revisión de erros e ampliación de actividades no Plan de Formación publicado para o curso 2013-2014 no CFR de Ferrol
Gallego

Podedes descargar dende aquí as actividades desenvolvidas no Plan de Formación de para o curso 2013-2014 para o CFR de Ferrol correxido e ampliado.

Plan Formación CFR Ferrol 2013-2014
Plan Formación CFR Ferrol 2013-2014

C1201020: Sociais 2.0. Deseñar tarefas para desenvolver competencias na rede

Summary: 

Presentar ao profesorado da área as potencialidades educativas dalgunhas das ferramentas presentes no universo 2.0 cara a elaborar propostas de ensinanza-aprendizaxe que supoñan un cambio metodolóxico na didáctica das Ciencias Sociais
Gallego

Modalidade: Curso presencial

Data de comezo:14 marzo 2013

Data de finalización: 2 maio 2013

Horario: 18,21 horas

Lugar: CFR da Coruña

Duración: 40 horas

Información: www.edu.xunta.gal/fprofe 

Data: 

14/03/2013 - 02/05/2013

Tema: 

Sección: 

C1201019 : Didáctica do patrimonio e traballo por proxectos

Summary: 

Capacitar ao profesorado para planificar e desenvolver actividades de aula nas que se empregue o traballo por proxectos e propostas metodolóxicas colaborativas na didáctica do patrimonio
Gallego

Modalidade: curso mixto (fase presencial e fase non presencial)

Data de comezo: 22 outubro 2012

Horario: 18-21 horas

Lugar de celebración: CFR da Corñua

Duración: 50 horas (30 presencias, 20 non presenciais)

Información: www.edu.xunta.gal/fprofe

Data: 

22/10/2012 - 31/05/2013

Sección: 

Son de poetas

Esta antoloxía da poesía galega musicada é un proxecto que xurdiu entre o Departamento de lingua galega e literatura e do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística do IES David Buján de Cambre, A Coruña. Naceu no curso 2007-2008 e o seu obxectivo era achegar un poema musicado cada semana dese curso e, abofé, que están actualizando o blogue continuamente.
Nesta web pódense facer buscas por autor, por título dos poemas ou, simplemente por época. En moitos casos un mesmo poema presenta máis dunha interpretación musical, o que enriquece aínda máis esta ferramenta.
Tamén dá a posibilidade de subscribirse para recibir as novidades cada vez que se inclúa un novo poema nesa páxina.
Unha moi boa ferramenta para coñecer a poesía en lingua galega e a actividade creativa dos nosos «modernos trobadores».
A intención dos autores é aproximar o alumnado á poesía galega partindo dende a música. Trátase, daquela, dun material de aula ou para despois da aula.
Gallego
son de poetas

Contos interactivos

É un recurso gratuíto en rede, froito do traballo dunha editorial saída da Universidade de Barcelona. Nesta páxina poderedes atopar distintos contos orixinais ou versións alternativas a algún conto clásico con audio incorporado ademáis de texto e xogos interactivos ao longo do desenvolvemento da narración. Os contos son moi intuitivos para o seu manexo, pero, de for necesario, na páxina principal inclúese unha guía de uso “Cómo funciona”.

Gallego
contos interactivos

Plan anual de formación do profesorado 2013/2014

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta o Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2013/2014.
Gallego
plan anual 2013 2014