O curso Proxectos de aprendizaxe e intelixencias múltiples é unha actividade que se desenvolveu no CFR de Lugo durante o primeiro trimestre do curso 2014/2015.
A súa duración é de 21 horas e estivo destinada a todos os corpos e especialidades.
A reflexión sobre a práctica educativa e a súa adaptación aos coñecementos actuais sobre a aprendizaxe, sendo conscientes da diversidade en cuanto a intelixencias (verbal-lingüística, lóxico-matemática, visual-espacial, cinestésica-corporal, musical, naturalista, interpersoal, intrapersoal) foi o punto de partida.
Abordáronse tamén estilos de aprendizaxe e estilos de ensinanza, metodoloxía para a diversidade de intelixencias con exemplos, recursos e estratexias para a aula.
Novos ecosistemas de aprendizaxe e en qué medida a perspectiva das Intelixencias Múltiples facilita o traballo por competencias básicas foron outros dos aspectos tratados.
Obxectivos
1.Reflexionar sobre a teoría das intelixencias múltiples relacionándoas coas competencias básicas.
2.Analizar a aplicación de novas metodoloxías didácticas que integran as intelixencias múltiples nas actividades de ensino-aprendizaxe, como os proxectos de comprensión ou/aprendizaxe baseada en proxectos.
3.Promover a capacitación do profesorado a través do deseño e posta en práctica de proxectos de aprendizaxe e no uso responsable das TIC.
Contidos
1.Teorías, correntes e modelos que axudan a estruturar a escola que queremos.
1.1.Neurociencia.
1.2.Estratexias de pensamento.
1.3.Intelixencias múltiples e diversidade.
2.Estratexias metodolóxicas de aplicación na aula.
2.1.Enfoque por proxectos.
2.2.Aprender a aprender.
3.Novos ecosistemas de ensinanza e aprendizaxe.
3.1.Licenzas e dereitos de autor.
No curso creado na aula virtual poderase consultar a documentación de apoio ás sesións presenciais.
Para máis información contactar con:
Marta Arias López
cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es
Teléfono: 982251068