X Encontros con autores. Clausura

Clausura dos X encontros con escritores o xoves, día 12 de xuño ás 18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña. Contaremos coa presenza do escritor chileno Jorge Edwards.
Dom, 08/06/2014 - 10:55
X Encontros con escritores.

Informámosvos que o vindeiro xoves, día 12 de xuño ás  18:15 h. no Salón de Actos da Uned da Coruña, terá lugar a sesión de clausura das xornadas "A creación literaria e os seus autores: X Encuentros con creadores". Esta sesión contará coa presenza do escritor chileno JORGE EDWARDSConversaremos co autor da súa obra, percorreremos a súa rica experiencia vital e literaria e afondaremos nas motivacións que fixeron dedicar parte da súa vida á política e á literatura.

Jorge Edwards (Santiago de Chile, 1931). Escritor, avogado, xornalista e diplomático chileno. Tralo golpe de estado de Chile, en 1973 márchase a Barcelona, onde traballa como director da editorial Difusora Internacional e colabora como asesor na Editorial Seix Barral. Jorge Edwards contribuíu a formar, coa Sociedade de Escritores de Chile, a comisión de Defensa da Liberdade de Expresión. En 1982 ingresou como membro da Academia da Lingua de Chile. Entre 1994 e 1997 é embaixador ante a Unesco en París. En 2010, obtén a cidadanía española e tamén é nomeado embaixador en París do goberno chileno. É escritor é autor de numerosas novelas, contos e ensaios. Destacan, entre outras obras, El peso de la noche, Los convidados de piedra, La mujer imaginaria, El anfitrión, El origen del mundo, Persona non grata, Adiós, poeta, El inútil de la familia, La muerte de Montaigne ... A súa obra está traducida a diferentes idiomas. Colabora en diversos diarios europeos e latinoamericanos, como  Le Monde, El País, Corriere della Sera, La Nación o Clarín, de Buenos Aires. É membro do consello de redacción das revistas Volta e Letras Libres de México e impartiu conferencias sobre temas latinoamericanos en diversas universidades norteamericanas e europeas. Recibe o Premio Cervantes en 1999 e a biblioteca do Instituto Cervantes de Mánchester leva o seu nome.