Título Event node R
As distintas sesións de docencia e práctica do curso "Asistencia inicial ao paciente crítico" serán impartidas polo Dr. Manuel Castro Maestre (médico Asistencial da Base Medicalizada do 061 en Lugo).
Desenvolverase no CIFP Politécnico de Lugo o día 30 de xuño e os días 1 , 2, 3 e 4 de xullo.
O horario de luns a xoves será de 10:00 A 14:00 h polas mañás e de 16:00 a 18:30 h polas tardes.
O venres será só pola mañá de 10:00 a 14:00 h.
Nun curso creado na aula virtual do CFR de Lugo poderase ver toda a información relacionada coa actividade e irase subindo materiais e información complementaria.
O acceso á aula virtual do CFR de Lugo farase a través da seguinte ligazón:
"Asistencia inicial ao paciente crítico". [En liña]. Dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrlugo/aulavirtual/course/view.php?id=484. [Consulta: 16-xuño-2014]. Licenza CC BY-SA
Para máis información contactar con:
Marta Arias López
cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.es
982251068